A Junta de Extremadura lanzou a 3ª revisión de GNU/Linex 2006

A Junta de Extremadura puxo xa a disposición pública GNU/LinEx 2006 r3, a revisión da última versión da distribución estremeña de Software Libre, que presenta as novidades máis importantes no Kernel, o contorno gráfico, o panel de control, o sistema de actualización e nos repositorios.

A súa descarga desde a Rede xa é posible tanto pola páxina oficial de GNU/LinEx (www.gnulinex.org) como a través dos mirror da Universidade de Estremadura, segundo informou a Junta en nota de prensa. O GNU/LinEx 2006 r3 constitúe unha nova mostra da proxección dos principios que fundamentan o Software Libre.

 
O Kernel 2.6.21.5 de Debian substitúe ao sólido pero veterano ‘Sarge’, que dota á distribución de soporte de discos. O novo Kernel incorpora, así mesmo, un maior número de tarxetas de son, especialmente as integradas que montan os equipos de nova xeración. Outra das prestacións destacadas que aporta á distribución o novo Kernel é unha maior capacidade para reducir o consumo de enerxía nos equipos portátiles.

As novidades no apartado gráfico derívanse, sobre todo, da actualización das bibliotecas básicas de Gnome, as bibliotecas GTK, Cairo e Lib-Gnome. Ademais, incorpórase ao contorno gráfico a nova tecnoloxía vectorial que aproveita mellor os recursos do hardware, potenciada pola adopción da versión 7.1 de XORG, que proporciona, tamén, maior soporte de controladores das últimas tarxetas de NVIDIA, ATI e INTEL principalmente.

Pola súa banda, as reformas no panel de control centráronse en homoxeneizar o seu aspecto para achegalo ao característico dunha aplicación Gnome. Deste xeito, o sistema de actualización incorporou a posibilidade de descargar o plugin, co que é posible abrir arquivos en formato OOXML a través das aplicacións da suite OpenOffice para, deste xeito, romper unha posible barreira de compatibilidade con outras plataformas informáticas. Así mesmo, incorpórase a GNU/LinEx 2006 r3 a nova versión de OpenOffice, máis lixeira e rápida.

As actualizacións de seguridade de Debian, ademais, estarán dispoñibles desde o propio CD de instalación, mellórase a versión do emulador de Windows e amplíase o repositorio con todo un conxunto de ferramentas con M-Player.

 
Fonte: Extremaduraaldia  

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal