Venres, 19 Xaneiro 2024

Resumo da Geocamp 2023

Enlace externo

Sobre o Geocamp

GeoCamp ES é unha xornada sen ánimo de lucro, de asistencia gratuíta e autofinanciada, organizada polo colectivo internacional de Geoinquietos España.

Logo de Geocamp

Os Geoinquietos de España están formados por grupos informais situados en distintas provincias e que se reúnen para conversar e aprender sobre calquera tema relacionado coas ciencias da terra e que senten especial afinidade polos servizos de xeodatos abertos, proxectos comunitarios, software libre de calidade profesional usado a nivel mundial en todo tipo de servizos e aplicacións SIG, especialmente arredor da comunidade OSGeo, aínda que tamén está aberta a profesionais de xeomática que traballan con software propietario pero gustan de compartir coñecementos e aprender en grupo.

Este ano GeoCamp celebra a súa 10ª Edición e o formato será Open Space: todos os participantes toman un papel activo na execución do evento para aumentar a interacción entre os asistentes de tú a tú (en lugar do modelo tradicional de conferencia de comunicación de un a moitos) para ser capaces, con agilidade e improvisación, de satisfacer espontaneamente as inquietudes dos participantes, tanto as que traian de casa como as que surxan durante a xornada.

Resumo da Geocamp

Documento orixinal co resumo: https://pads.ccc.de/hvlMKryotI

Open Space 1: OSM, as rúas das Mulleres, Geoportais participativos

Comentarase o estado actual do proxecto realizado por GeochicasOSM (https://geochicas.org) e as dificultades tanto técnicas como organizativas.

O proxecto é un exemplo de boa comunicación e establecemento de relacións con colaboradoras externas que aportaron traballo. O proxecto relaciona OpenStreetMap (https://wiki.openstreetmap.org/) e Wikipedia (https://www.wikipedia.org/), nun visor moi ilustrativo da falta de visibilidade feminina na sociedade ao longo da historia (https://geochicasosm.github.io/lascallesdelasmujeres/).

un visor moi ilustrativo da falta de visibilidade feminina na sociedade ao longo da historia (https://geochicasosm.github.io/lascallesdelasmujeres/).

Mencionouse mappingdiversity.eu como un proxecto moi similar cun enfoque talvez un pouco máis moderno e explotando Wikidata para categorizar os perfís das mulleres.

Open Space 2: JS e Web GL

Actualmente nas librarías de mapas existen algunhas carencias e limitacións para facer certas cousas (ou polo menos facelas de forma fácil e intuitiva). Así que estas librarías terán que evolucionar ou talvez surxa algunha nova libraría que resolva estes problemas. Será GLEO https://gitlab.com/IvanSanchez/gleo?

Agora hai interese e por manipular Raster no cliente. Gleo, Mapbox, Felt, MapTiler Weather.

Para as persoas que se inician neste campo é difícil saber/seleccionar cal libraría usar.

Open Space 3: Intelixencia Artificial e mapas

Parece que de momento todo está en fase experimental e moi verde en temas xeo. É necesario adestrar mellor á besta para mellorar a precisión dos resultados.

Aínda falta moito para xerar mapas complexos e de calidade con IA.

Hai proxectos interesantes en curso, por exemplo, Carto ou extraer datos xeo dunha narrativa e xerar un mapa.

Por agora, a IA utilízase en procesos de tratamento masivo de datos (basicamente recoñecemento de formas e cores, previo adestramento).

Parece que acabaremos vendo modelos específicos para verticais definidos de maneira que as tarefas serán máis concretas e enfocadas para ser máis eficientes.

Open Space 4: Teledetección

Xantar e visita á illa.

O xantar espectacular, en cantidade e nun espazo de luxo. Contamos cun cortador de xamón e un polbeiro, nada máis e nada menos.

A visita moi ben conducida por unha guía profesional a quen hai que agradecer as explicacións e a paciencia. Visitamos toda a illa e o seu museo, aprendendo da súa historia.

Charla plenaria de Carmen Torrecillas

Unha vez máis unha outsider rompe a cabeza e mostra como facer mapas e visualizacións increíbles. Carmen unha crack, aparte da paixón que se lle nota cando fala do tema. É perfecta para unha plenaria nas Xornadas do SIG Libre de Girona.

Gran traballo o que fan en Civio pola transparencia e a vixilancia dos poderes públicos. Así que non o dubides e axúdales a seguir cambiando as regras. ¡Asóciate!.

Open Space 5: Comunidades

Preocupación porque non hai xeración de relevo. Non chegamos ás novas xeracións. ¿Onde se moven? ¿Non sabemos como motivarlos?

Tamén temos que analizar qué estamos facendo mal. Non organizamos ningún encontro de geoinquietos dende a pandemia (ata esta Geocamp) ou non foi moi fructífero, non estamos en contacto coas universidades, etc.

Se alguén ten algunha pista que nos bote un cable.

A experiencia en Barcelona con Geoinquiets e Geomob é que non hai nin mozos nin mulleres, e que o perfil do asistente foi variando ata chegar a outsiders da “xeomática” que consumen xeodatos e fan xeoperacións.

A maioría non repite asistencia.

Dende a Asociación QGIS España tamén demandan ese relevo xeracional tan necesario para que continúe a comunidade e os proxectos, que tan necesarios parecen. O mantemento das comunidades, asociacións, fundacións e organizacións que apoien en xeral o desenvolvemento das ferramentas libres, é imprescindible para que sigan existindo.

Está claro que os canais nos que comezamos a difusión de información e de eventos non son os canais que consumen o público ao que nos teríamos que dirixir para ter relevo. ¿Pero cales son estes novos canais?

Open Space 6: Estándares OGC e Blockchain

Falouse da importancia do establecemento destes estándares para o desenvolvemento homoxéneo dos mapas e ferramentas cartográficas. Tamén do tempo e esforzo que supón chegar a acordos e do que esto demora a súa implementación e consenso. Como anécdota comentouse o ‘boicot’ que dende algunha empresa privativa se fixo para poder tomar decisións unilaterais ao obter maioría de votos, pero que se corrixiu o procedemento para que siga existindo a diversidade que algo así merece.

Merenda e queimada

Como non podía ser doutra maneira en Galicia comemos por enriba das nosas posibilidades.

O mellor das conferencias sempre ocorre fóra destas (pre evento, pausas e post evento). Nas Geobirras previas á Geocamp descubrimos que temos unha rock star e non o sabiamos; agora aparte de frikis, somos groupies.

Nas pausas é onde se fai e crece a comunidade, xente falando de como manipular un pixel na GPU, monitoreo de cetáceos, de cooperativas, Joomla (sí, todavía sigue vivo), montañismo, conxuros, etc.

También foi un acerto dispoñer de sitio máis que suficiente para poder comer e beber entre sesións pudiendo conversar e incluso facer unha queimada, entre risas e un ambiente do máis amable e creativo.

Cea

A organización local reservou unha cea para aqueles que querían seguir compartindo charlas e espazo. Aínda que non é algo estritamente necesario nun evento participativo, sempre axuda a crear contactos e sinerxias. De feito moitos dos asistentes, sobre todo se tiveron que vir de outras partes da península e teñen que facer noite na cidade, agradecérono e acudiron para pechar dunha maneira festiva o encontro.

Conclusións

O formato de Open Space funcionou moi ben, ninguén veu falar do seu libro. (Iván como sempre o intenta 😉 ) Agradecéuse o amplo espazo dispoñible para os ‘open space’, incluso a xente se podería ter repartido en máis grupos se fose necesario. De feito con grupos algo máis reducidos pódese traballar mellor a participación, aínda que foi un éxito con aproximadamente grupos de unhas 20 persoas.

Agradecéuse ter previsto, mediante un formulario que se fixo chegar aos asistentes, unha serie de temas que tratar, aínda que por suposto logo se incluíron facendo grupos segundo as temáticas similares, todos os que se propuxeron alí mesmo. Pero esta previsión axilizou a elección de temas a tratar nos ‘open space’.

Uns cantos levaron os portátiles de paseo pola illa (eu o primeiro, pero para min serve de adestramento para levar a mochila de escalada). ¿Vós imaxinades un evento de tecnoloxía onde só se utilizou un portátil unha vez? (Foi na charla plenaria).

Pois iso é a Geocamp. Crear comunidade, aprender cousas novas e levar a casa unha resaca de coñecementos e ideas (espero que ninguén levou unha da outra). Moi gratificante poder coñecer xente que non sabía o que era unha geocamp e que se atopan cunha experiencia realmente satisfactoria, onde se puideron compartir coñecementos nun ambiente participativo e distendido, que axuda realmente a contactar con persoas que xa teñen experiencia con outras que poden estar comezando.

Unha vez máis, grazas á organización. Vai ser difícil de superar.

¿Onde e cando é a próxima? Hai xa algunha proposta (Pamplona, A Coruña, …) pero haberá que esperar ao ano que ven para volver a disfrutar de novo dun encontro tan especial como este.

Outros

Espazo compartido de todas as edicións de GeocampES: https://github.com/geocamp-es

Fotos ou entradas en redes sociais sobre a Geocamp 2023 (@geocampes en twitter: https://twitter.com/geocampes; GeoCamp – 2023 en Telegram) Eu teño fotos feitas co telefonino, pero non están públicas e tampouco sei onde envialas (en todo caso, as engado ao post unha vez publicado no blog)

https://www.instagram.com/p/CxX3SqFshWn/

https://www.instagram.com/reel/Cx3NN3YI39p/?igshid=NmQ4MjZlMjE5YQ%3D%3

https://media.jorgesanz.net/gallery/2023/09/geocamp-2023.html

Parabéns á organización, un 10. Pasámolo xenial. Grazas Micho (@michogar), Paco (@fpsampayo), Pablo (@psanxiao), Carmen (@carmen10maica) e Jorge (@xurxosanz) por montar o evento (https://2023.geocamp.es) así como a Xeoinquedos e Ghandalf.

Tamén o maior agradecemento aos que confiaron e apoiaron economicamente o evento, xa que sen eles non sería posible levalo a tan bo termo (por orde cronolóxica de participación): https://www.elastic.co/es/; https://www.qgis.es/; https://www.bgeo.es/es/; http://psig.es/ca/nosaltres/; https://solucionsgeografiques.info/es/; https://geoinnova.org/; https://icarto.es/; https://mastersig.fundacioudg.org/; https://geomatico.es/; https://www.conterra.es/; https://www.osgeo.org/; https://www.gestionforestal.es/; https://abtemas.es/que-hacemos/; https://mancomun.gal/

Venres, 19 Xaneiro 2024

Sapoconcho, robot libre educativo

Enlace externo

sapoconcho

1. f. (galego) O sapoconcho (Emys orbicularis) é unha tartaruga da familia Emydidae e única representante do xénero Emys, que se atopa no centro e sur de Europa, Asia occidental, Norteamérica e a zona mediterránea de África.

Sapoconcho é un robot educativo de software libre co que te podes iniciar na robótica e programación. É adecuado para nenos a partir de 11 anos.

foto do Sapoconcho

Foi concibido co obxectivo de ser o máis accesible posible:
– Aberto e documentado.
– Componentes comúns, fáciles de atopar e económicos.
– Deseño sinxelo para imprimir e montar.
– Modular e ampliable.

foto do kit do sapoconcho

Repositorios de documentación para a montaxe do robot, modelos 3D necesarios para creación dun kit, exemplos de código de programación en arduino e máis información:
https://sapoconcho.bricolabs.cc/
https://github.com/brico-labs/sapoconcho

Venres, 19 Xaneiro 2024

Guía para a liberación de traballos universitarios

PDF

O propósito desta guía é alentar aos estudantes a que liberen e compartan os seus traballos universitarios. Baseándose na premisa de que o coñecemento potenciase ao ser compartido, a liberación de traballos por parte das persoas que forman a comunidade universitaria cataliza a innovación e a creatividade.

Portada da Guía para a liberación de traballos universitarios
Corazón azul pixelado

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2023 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudando universitario.

Todos os contidos pódense descargar libremente desde o seu repositorio. Os contidos do repositorio están dispoñibles baixo unha licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License.

Venres, 19 Xaneiro 2024

Libro de resumos dos relatorios da “X Xornada de Usuarios de R en Galicia”

PDF

Libro de resumos dos relatorios da “X Xornada de Usuarios de R en Galicia”, organizada pola Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA).

Portada do Libro de resumos dos relatorios da “X Xornada de Usuarios de R en Galicia”

Esta xornada pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, ademais trata de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.

O programa contempla dezaoito relatorios ao longo de todo o día e unha mesa redonda para celebrar os Dez anos celebrando a Xornada de Usuarios de R en Galicia. Dos cales oito son convidados e ás outras dez atenderon á chamada de recepción de propostas.

Entre os participantes figuran especialistas do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), da Xunta de Galicia: diferentes entidades como a Consellaría de Sanidade, Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia ou o Instituto Galego de Estatística, das tres universidades galegas, de universidades estranxeiras: Universidade Federal Fluminense (Brasil) e da Academia da Força Aérea (Brasil), un profesor de Ensino Medio do IES Pedra da Auga (Ponteareas) e persoal da entidade financeira ABANCA.

Santiago de Compostela, outubro de 2023 O Comité Organizador.

Esta iniciativa foi subvencionada por Amtega, para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

Vídeo da X Xornada de Usuarios de R en Galicia

Mércores, 9 Agosto 2023

Traducións ao galego das licenzas GPL e EUPL

PDF
GPLv3-logo

This is an unofficial translation of the GNU General Public License into galego. It was not published by the Free Software Foundation, and does not legally state the distribution terms for software that uses the GNU GPL—only the original English text of the GNU GPL does that. However, we hope that this translation will help galego speakers understand the GNU GPL better.

You may publish this translation, modified or unmodified, only under the terms at http://www.gnu.org/licenses/translations.html.

Esta é unha tradución non oficial da Licenza Pública Xeral GNU ao galego. Esta licenza non foi publicada pola Free Software Foundation e non establece legalmente os termos de distribución para software que utiliza a Free Software Foundation, só a licenza orixinal en inglés GNU GPL os establece. No entanto, esperamos que esta tradución axude aos galegos a entender mellor a GNU GPL.

Pode publicar esta tradución, modificada ou sen modificar, só nos termos que figuran en http://www.gnu.org/licenses/translations.html.

Tradución ao galego da licenza GNU GPLv.3. Tradución xurada que está dispoñible en formato .txt e .pdf:

This is an unofficial translation of the GNU General Public License into galego. It was not published by the Free Software Foundation, and does not legally state the distribution terms for software that uses the GNU GPL—only the original English text of the GNU GPL does that. However, we hope that this translation will help galego speakers understand the GNU GPL better.

You may publish this translation, modified or unmodified, only under the terms at http://www.gnu.org/licenses/translations.html.

Esta é unha tradución non oficial da Licenza Pública Xeral GNU ao galego. Esta licenza non foi publicada pola Free Software Foundation e non establece legalmente os termos de distribución para software que utiliza a Free Software Foundation, só a licenza orixinal en inglés GNU GPL os establece. No entanto, esperamos que esta tradución axude aos galegos a entender mellor a GNU GPL.

Pode publicar esta tradución, modificada ou sen modificar, só nos termos que figuran en http://www.gnu.org/licenses/translations.html.

Tradución ao galego da licenza GNU GPLv.2. Tradución xurada que está dispoñible en formato .txt e .pdf:


EUPL-logo

Tradución ao galego da licenza EUPLv1.0. Tradución xurada que está dispoñible en formato .pdf:

Sábado, 11 Febreiro 2023

Stickers inspirados no “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia”

Enlace externo

O 11 de febreiro foi o “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia“.

Nesa data, lémbrase en todo o mundo a participación das mulleres e das nenas no mundo das ciencias. Visibilizando o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.

imagen

Na Oficina de Software libre da Xunta de Galicia quixemos sumarmos á celebración deste evento publicando varias infografías nas redes sociais (twitter e mastodon) para poñer en valor a varias mulleres galegas e tamén publicamos unha recopilación de stickers para utilizar nas ferramentas de mensaxería instantánea.

Porque debemos recoñecer a labor das que estiveron antes e apoiar ás que virán despois.

imagen

Podedes descargar os stickers directamente no voso dispositivo móbil a través destas ligazóns:
– Para usalos en Telegram
– Para usalos en Whtasapp

Tamén os deixamos publicados neste portal de Mancomún, en formato png, cunha licenza libre.

2023. AMTEGA – Stickers inspirados no “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia”
Esta obra distribúese cunha licenza Atribución – Compartir Igual 4.0 Creative Commons internacional (CC BY-SA 4.0). Para ver unha copia da licenza pulse nesta ligazón.

#DíaMujerYNiñaEnCiencia #DíaMullerENenaEnCiencia

Martes, 22 Febreiro 2022

Recursos para aprender LibreOffice Base

Enlace externo

Recursos en liña e gratuítos para aprender sobre LibreOffice Base:

– «Capítulo 8. Primeros pasos con Base»: https://documentation.libreoffice.org/assets/Uploads/Documentation/es/GS62/PDF/GS6208-PrimerosPasosConBase.pdf
– Documentación oficial, Guía de Base: https://documentation.libreoffice.org/es/documentacion-en-espanol/base/
– Documentación oficial en español para LibreOffice: https://documentation.libreoffice.org/es/documentacion-en-espanol/

icono


– Axuda en liña para LibreOffice Base: https://help.libreoffice.org/latest/es/text/sdatabase/main.html
– Curso de LibreOffice Base en OficinaLibre.net: https://oficinalibre.net/course/view.php?id=8
– Curso con vídeos, por CursosGratuitos: https://www.youtube.com/playlist?list=PLn8BXLaUa6KCRmT0LwSDGJU3Yp_rEburT
– Curso con algúns temas pouco tratados: https://www.youtube.com/playlist?list=PLGWrCig8H8rOMnAXONzEHvqvAvszgzTFP
– O canal de PikaPika2021: https://www.youtube.com/channel/UCrhgUXduGtDlCy-dKHOlJhw

Máis información

Mércores, 15 Setembro 2021

Modelo para carteis de actividades relacionadas con Amtega

PDF

Modelo en formato libre svg para a creación dos carteis das actividades relacionadas con Amtega. O modelo contén as instruccións básicas para a súa construcción e os logos necesarios.

Instrucións para o uso do modelo

  • Descargar o ficheiro do modelo máis arriba.
  • Descomprimir o ficheiro (se non se dispón dunha aplicación para descomprimir ficheiros en formato zip, pódese empregar a aplicación libre 7-zip).
  • O formato svg pódese editar coa ferramenta de software libre e gratuíta Inkscape.
  • O propio documento contén as instruccións básicas para a creación do cartel. A información está separada por capas para facilitar os traballos de edición. No menú Capas, podemos modificar a transparencia de cada capa para facer máis visibles estas instruccións ou agochalas para que non molesten na edición.
  • O modelo conta con varias guías para facilitar a colocación de elementos respetando as áreas de protección do logo da Amtega.
  • Desde Inkscape podemos exportar o cartel unha vez editado, a diferentes formatos (pdf, png, …).
Mércores, 4 Agosto 2021

Publicada a guía de LibreOffice Draw 7.1

Enlace externo

O equipo de documentación de LibreOffice lanzou a Guía de LibreOffice Draw 7.1.

Con LibreOffice Draw podes crear calquera cousa, desde un bosquexo rápido ata un plano complexo e diagramas. Draw é un paquete excelente para producir debuxos técnicos, folletos, carteis e moitos outros documentos. Permite manipular obxectos gráficos, agrupalos, recortalos, empregar obxectos 3D e moito máis.

A guía está dispoñible en formato PDF e forma parte da Biblioteca LibreOffice, un conxunto de guías avanzadas para a suite de produtividade LibreOffice.

Máis información

Venres, 15 Xaneiro 2021

Máquina virtual para sinatura dixital

Vídeo

Co fin de mellorar a interoperabilidade cos servizos de eAdministración, a Oficina de coordinación de software libre da Amtega, pon a disposición unha máquina virtual, baseada na distribución de GNU/Linux Debian, que permiten a realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre.

A versión da distribución é Debian 10, unha configuración similar á que se pode atopar nos centros e aulas da rede CeMIT.

Esta máquina virtual contan como compoñente principal coa aplicación para a sinatura de documentos, Autofirma e o navegador Firefox, na súa versión de soporte duradeiro. Autofirma é unha aplicación software libre que está dispoñible para GNU/Linux, MacOS X e Windows. As dúas configuracións foron testadas nos diferentes servizos de administración electrónica da Xunta de Galicia.

Máquina virtual

As máquina virtual configurada está subida en 2 ficheiros comprimidos, que se deberán descargar e unha vez descargados hai que descomprimilos para poder empregalos.

Videotitoriais actualizados (a setembro de 2022), para o uso da nova máquina virtual baseada en debian

Dispoñedes das instruccións actualizadas nestes videotitoriais que preparamos:

01 – Pílula sobre a configuración da máquina virtual para a sinatura dixital

02 – Pílula sobre a sinatura dixital de documentos coa máquina virtual

Instrucións para o seu uso

  • Descargar os dous ficheiros da máquina virtual nas ligazóns de máis arriba.
  • Descomprimir o ficheiro 1 (se non se dispón dunha aplicación para descomprimir ficheiros en formato 7zip, pódese empregar a aplicación libre 7-zip).
  • Abrir un xestor de máquinas virtuais que soporte o formato Open Virtualization Format. Dende Mancomún recomendamos empregar VirtualBox.
captura pantalla
  • Dende o xestor de máquinas virtuais debemos importar o servizo de virtualización escollendo o ficheiro con extensión .ova resultante da descompresión do segundo paso:
captura pantalla
captura pantalla
  • Unha vez importado o servizo, pode verse na interface do xestor como agora hai unha nova máquina virtual. O seguinte paso é arrancar a máquina virtual dende o xestor:
captura pantalla
  • Logo de arrancar a máquina e acceder co usuario ocfloss, débese descargar e/ou importar o certificado co que queiramos asinar ou tramitar a documentación nesa conta de usuario.
captura pantalla

Credenciais do usuario virtual

Nas máquinas virtuais configuradas existen un usuario que é o que se empregará para iniciar a sesión. Este usuario chámase ocfloss, pode ser tamén necesario introducir a contrasinal en algunha ocasión, a contrasinal é a mesma ca o nome de usuario.

Instrucións para a importación  do certificado

  • Para importar o certificado na máquina virtual de sinaturas é necesario ter arrancada a máquina e a sesión iniciada co usuario ocfloss na mesma. Posteriormente hai que copiar ou descargar o ficheiro de certificado para a máquina virtual de sinaturas. O máis sinxelo, se o ficheiro está na máquina anfitrioa é arrastralo dende a mesma para a máquina virtual de sinaturas,  deste xeito queda o ficheiro pegado no escritorio da máquina de sinaturas:
captura pantalla
  • Para instalar o certificado hai que abrir o xestor de certificados: Primeiro ábrese o navegador Firefox (premendo no botón sinalado na imaxe anterior) e accedendo ás preferencias de “Privacidade e seguranza”, logo (como se ve na imaxe a continuación) pódese abrir o xestor dos certificados pulsando en “Ver certificados”:
captura pantalla
  • Para importar o certificado, hai que premer no botón “Importar”:
captura pantalla
  • Agora hai que indicarlle o ficheiro que contén o certificado, neste caso será o ficheiro descargado do escritorio:
captura pantalla
  • A continuación o xestor, pídenos a contrasinal que protexe o certificado que conten o ficheiro:
captura pantalla
  • Agora xa se pode ver no xestor o certificado instalado co que xa se poderán asinar os procedementos e os documentos:
captura pantalla

Posibles problemas no proceso

  • Fallo ao arrancar a máquina virtual: É posible que non se teñan activadas as extensións de virtualización VT-x. De ser o caso habería que reiniciar a computadora e entrar no software de configuración da BIOS /UEFI e habilitar VT-x, que se poderían atopar tamén co nome de Virtualization Technology.
Luns, 15 Xuño 2020

Contidos con recomendacións de seguridade fronte ao COVID-19

PDF

AMTEGA, a través da Rede CeMIT, pon a disposición a través dunha licenza libre, Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional, unha serie de materiais de elaboración propia que foron xerados a raíz da situación sanitaria provocada polo COVID-19.

O material liberado consta de carteis con recomendacións en materia de seguridade e hixiene de cara ao uso das aulas e espazos comúns da Rede CeMIT, así como unha plantilla de documento para a elaboración de guías, todos eles preparados para a súa reutilización por parte de calquera outra entidade, para o que tamén se publican en versión editable, en formatos estándar aberto ODF.

Luns, 15 Abril 2019

Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais

PDF

Este curso busca dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios á hora de traballar e crear documentos ofimáticos enriquecidos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.
Centrarase, sobre todo, no procesador de textos Writer de LibreOffice e veranse estos temas:

  • Configuración do LibreOffice para que cada usuario adapte a suite ás súas preferencias e necesidades, co obxectivo de facilitar o traballo e ser máis produtivos.
  • Extensións do LibreOffice. Coas extensións pódese mellorar e ampliar as capacidades de LibreOffice.

O material está dispoñible nos seguintes formatos:

  • Pdf, facilita a visualización en multitude de dispositivos diferentes (ordenador, smartphone, tablet, libro electrónico).
  • Elp, formato para empregar a ferramenta de edición de contidos exeLearning o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.
  • HTML, facilita a visualización a través de calquera navegador.
  • SCORM, conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web de forma pedagóxica baixo un estándar libre que permite importar, reutilizar e compartir contidos.
    Este curso está tamén dispoñible para a súa visualización e seguimento, con acceso de conta de convidado, na Aula virtual da Oficina de Software Libre do CIXUG.

Licenza

Este material publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir igual 3.0.
Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material, sempre que se mencione a autoría da obra orixinal e se comparta coa mesma licenza.

Autoría

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia “Plan de acción 2018 en materia de Software Libre“, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Luns, 15 Abril 2019

Creación de infografías e deseños vectoriais

PDF

A infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa, e así resumir e explicar figurativamente ideas e conceptos.

A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc. O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, imaxes ou deseños.

Neste curso, para a elaboración de infografías e outros deseños vectoriais, traballarase principalmente coa aplicación Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómodo e de código libre e aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.

O material está dispoñible nos seguintes formatos:

  • Pdf, facilita a visualización en multitude de dispositivos diferentes (ordenador, smartphone, tablet, libro electrónico).
  • Elp, formato para empregar a ferramenta de edición de contidos exeLearning o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.
  • HTML, facilita a visualización a través de calquera navegador.
  • SCORM, conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web de forma pedagóxica baixo un estándar libre que permite importar, reutilizar e compartir contidos.
    Este curso está tamén dispoñible para a súa visualización e seguimento, con acceso de conta de convidado, na Aula virtual da Oficina de Software Libre do CIXUG.

Licenza

Este material publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir igual 3.0.
Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material, sempre que se mencione a autoría da obra orixinal e se comparta coa mesma licenza.

Autoría

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia “Plan de acción 2018 en materia de Software Libre“, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Luns, 15 Abril 2019

Iniciación a GNU Octave

PDF

Este curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software de cálculo numérico privativo, como aos non iniciados no campo do cálculo numérico e no manexo de GNU Octave, software libre de referencia neste tipo de estudos e considerado o equivalente libre de Matlab.

O material está dispoñible nos seguintes formatos:

  • Pdf, facilita a visualización en multitude de dispositivos diferentes (ordenador, smartphone, tablet, libro electrónico).
  • Elp, formato para empregar a ferramenta de edición de contidos exeLearning o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.
  • HTML, facilita a visualización a través de calquera navegador.
  • SCORM, conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web de forma pedagóxica baixo un estándar libre que permite importar, reutilizar e compartir contidos.
    Este curso está tamén dispoñible para a súa visualización e seguimento, con acceso de conta de convidado, na Aula virtual da Oficina de Software Libre do CIXUG.

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir igual 3.0.
Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material, sempre que se mencione a autoría da obra orixinal e se comparta coa mesma licenza.

Autoría

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia “Plan de acción 2018 en materia de Software Libre“, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Luns, 15 Abril 2019

Introdución á análise estatística con R Commander

PDF

R é un software multiplataforma, orixinariamente deseñado para a análise estatística e a realización de gráficos. Actualmente considérase a lingua franca do analista de datos e estase a utilizar en numerosos campos relacionados, dun ou doutro xeito, coa estatística (xenómica, biomedicina, econometría, big data, bioloxía, …). R ten unha dobre natureza de programa e de linguaxe de programación e distribúese baixo licenza GNU-GPL.

R Commander é un paquete de R que proporciona unha Interface Gráfica de Usuario para traballar de forma máis cómoda e amigable coa linguaxe R.
Este curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico privativo, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos, no manexo de R no seu ámbito gráfico R Commander, software libre de referencia neste tipo de estudos.

O curso está formado por 11 temas, que abarcan dende os pasos necesarios para instalar o paquete RCommander, ata a instalación de engadidos para aumentar as funcións, pasando por diferentes tarefas de tipo estatístico:

  • Comezando con R
  • Instalación
  • Instalación de paquetes
  • Instalación de paquetes RCommander
  • Manexo de datos
  • Creación de gráficos
  • Estatística descritiva
  • Distribucións de probabilidade
  • Inferencia
  • Regresión lineal simple
  • Engadidos no RCommander

O material está dispoñible nos seguintes formatos:

  • Pdf, facilita a visualización en multitude de dispositivos diferentes (ordenador, smartphone, tablet, libro electrónico).
  • Elp, formato para empregar a ferramenta de edición de contidos exeLearning o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.
  • HTML, facilita a visualización a través de calquera navegador.
  • SCORM, conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web de forma pedagóxica baixo un estándar libre que permite importar, reutilizar e compartir contidos.
    Este curso está tamén dispoñible para a súa visualización e seguimento, con acceso de conta de convidado, na Aula virtual da Oficina de Software Libre do CIXUG.

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir igual 3.0.
Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material, sempre que se mencione a autoría da obra orixinal e se comparta coa mesma licenza.

Autoría

Todo o material deste curso foi elaborado por Miguel Ángel Rodríguez Muíños, técnico informático na Consellería de Sanidade, e coordinador de proxectos de software libre relacionados con R, como EpiLinux ou BioStatFLOSS, e tamén membro fundador da comunidade “R Hispano”.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia “Plan de acción 2018 en materia de Software Libre“, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal