Venres, 15 Decembro 2023

go.data

Enlace externo

Go.Data é un programa para o rastrexo de contactos e resposta a brotes epidémicos desenvolvido pola OMS en colaboración con socios da Rede Mundial de Alerta e Resposta ante Brotes Epidémicos (GOARN).

Go.Data céntrase nos datos de casos e contactos, incluídos os datos de laboratorio, hospitalización e outras variables recollidas a través de formularios de investigación que poden configurarse en distintas contornas e tipos de enfermidade. Xera listas de seguimento de contactos e visualización de cadeas de transmisión. Actualmente utilízase en máis de 60 países, en máis de 80 institucións diferentes a nivel nacional ou territorial.

Venres, 15 Decembro 2023

K-9 Mail

Enlace externo

K-9 Mail é un cliente avanzado de correo electrónico de software libre para Android, centrado en facilitar a traballo con grandes volumes de correo electrónico. K-9 Mail está deseñado tanto para usuarios principiantes como avanzados e ofrece gran cantidade de funcións: soporte Push IMAP, GPG e PGP/MIME, notificacións por conta, bandexa de entrada unificada, tema branco e escuro e firmas, entre outras.

K-9 Mail uniuse oficialmente á familia Thunderbird fai uns meses. No futuro, K-9 Mail transformarase en Thunderbird en Android. Tanto K-9 Mail como Thunderbird son proxectos financiados pola comunidade.

Venres, 15 Decembro 2023

JavaScript

Enlace externo

JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación lixeira, interpretada, ou compilada just-in-time con funcións de primeira clase. Aínda que é máis coñecido como unha linguaxe de scripting (secuencias de comandos) para páxinas web, é usado en moitas contornas fora do navegador, tal como Node.js, Apache CouchDB e Adobe Acrobat.

JavaScript é unha linguaxe de programación baseada en prototipos, multiparadigma, dun só fío, dinámico, con soporte para programación orientada a obxectos, imperativa e declarativa. O estándar para JavaScript é ECMAScript (ECMA-262) e a especificación da API para a Internacionalización de ECMAScript (ECMA-402).

Venres, 15 Decembro 2023

Owlyshield

Enlace externo

Owlyshield é unha solución EDR (Endpoint Detection and Response) de software libre para servidores GNU/Linux, Windows e dispositivos IoT. Analiza os procesos que utilizan os arquivos para detectar intrusións a través da explotación de vulnerabilidades. Moi eficaz na detección de malware que pode pasar desapercibido por outras solucións EDR.

A idea principal de Owlyshield é aprender o comportamento normal das aplicacións (esencialmente árbores de procesos) e utilizar este coñecemento para identificar ataques. Pódese utilizar Owlyshield para gravar e reproducir as actividades de arquivo para a formación de modelos de aprendizaxe automática.

Venres, 15 Decembro 2023

Inkscape

Enlace externo

Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). O formato principal que utiliza o programa é Scalable Vector Graphics (SVG), pero desde a ferramenta podemos exportar e importar varios formatos de arquivo, incluíndo SVG, AI, EPS, PDF, PS e PNG.

Inkscape é unha das ferramentas libres de edición de imaxes máis empregadas, usada por deseñadores profesionais (en empresas de publicidade ou imaxe corporativa, enxeñería/CAD, gráficos web ou deseño de cómics) e afeccionados de todo o mundo para crear unha gran variedade de gráficos como ilustracións, iconas, logos, diagramas, mapas e deseños web.

Venres, 15 Decembro 2023

OpenAPI

Enlace externo

OpenAPI Unha máquina pode intercambiar datos en formato dixital. Para facilitar o intercambio de datos, os desenvolvedores definen as API. Estas API poden guiar a humanos e máquinas sobre como interactuar e comprender os datos intercambiados. OpenAPI proporciona unha descrición da interface nunha linguaxe lexible por humanos e máquinas que permite a todo o mundo utilizar as API sen ter que investigar o código fonte. Mediante o uso da sintaxe especificada de OpenAPI, pódense utilizar ferramentas para crear automaticamente documentacións accesibles e lexibles por humanos.

Venres, 15 Decembro 2023

OpenTalk

Enlace externo

OpenTalk, solución de videoconferencia de arquitectura moderna que se presenta como a alternativa europea de código aberto e con licenza EUPL a Zoom, WebEx ou Teams. Pretende demostrar que se pode conseguir calidade, rendemento, facilidade de uso e seguridade sen ter que depender dunha infraestrutura na nube con sede en EE.UU. Un proxecto comercial de código aberto, OpenTalk conta cunha licenza dobre, que se axusta perfectamente ás disposicións da EUPL: existe unha “versión Comunitaria” que pode utilizarse gratuitamente baixo unha licenza que garante a transparencia e, por outra banda, existe unha “edición Enterprise”, cuxo obxectivo é garantir a sustentabilidade empresarial do proxecto e proporciona funcionalidades máis avanzadas

Venres, 15 Decembro 2023

RustDesk

Enlace externo

RustDesk, infraestrutura de escritorio virtual ou remoto de software libre e multiplataforma (Windows, macOS, GNU/Linux, iOS, Android e Web.). Funciona sen necesidade de configuracións complicadas. Ten o control total dos teus datos, sen preocupacións de seguridade. Conta cunha licenza GNU Affero General Public License v3.0. Pode utilizarse a través do servidor público de RustDesk ou auto aloxalo no teu propio servidor. Conta con cifrado de extremo a extremo. Podes controlar o rexistro de accesos e xestionar os permisos desde unha moderna interface de usuario.

Venres, 15 Decembro 2023

OpenJDK

Enlace externo

OpenJDK é a versión libre da plataforma de desenvolvemento Java baixo concepto de linguaxe orientada a obxectos. Esta implementación atópase catalogada dentro da licenza GPL de GNU. A súa sintaxe deriva en gran medida de C e C++, pero ten menos utilidades de baixo nivel que calquera delas.

As aplicacións de Java son compiladas a bytecode, que pode executarse en calquera máquina virtual Java (JVM) sen importar a arquitectura da computadora subxacente. OpenJDK é a implementación de referencia oficial desde Java SE 7.

Venres, 15 Decembro 2023

Trisquel

Enlace externo

Trisquel, GNU/Linux é un sistema operativo totalmente libre para pequenas empresas, usuarios domésticos e centros educativos. Os principais obxectivos do proxecto son a produción dun sistema operativo totalmente libre. O proxecto naceu en 2004 co patrocinio da Universidade de Vigo. O 11 de decembro de 2008, Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista de distribucións GNU/Linux 100 % libres dispoñibles no website de GNU, seguindo o proceso de verificación para asegurar o compromiso do equipo de desenvolvemento de Trisquel e a súa comunidade para promover e distribuír tan só software 100 % libre.

Mércores, 15 Marzo 2023

WebGLayer

Enlace externo

WebGLayer é unha biblioteca Javascript de software libre utilizada para desenvolver mapas analíticos que axudan ás persoas para comprender os datos e a utilizalos para apoiar as súas decisións. Os mapas ofrecen unha interactividade moi alta e unha reacción rápida ás accións do usuario. Cada unha das vistas permite diferentes interaccións (como o filtrado ou a análise de relacións) que desencadean unha actualización instantánea das demais vistas. Deste xeito, os usuarios benefícianse de visualizacións de datos inmediatas e dinámicas, comprenden mellor os datos aplicando filtros e teñen a oportunidade de descubrir relacións e patróns nos datos.

Mércores, 15 Marzo 2023

Framadate

Enlace externo

Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas. Framadate baseouse inicialmente no software Studs desenvolvido pola Universidade de Estrasburgo. Hoxe en día, está desenvolvido pola asociación Framasoft. Non é necesario rexistrarse para usar o servizo. Soamente necesitas un navegador para crear a consulta e para respondela.

Mércores, 15 Marzo 2023

Netbeans

Enlace externo

Apache NetBeans proporciona editores e asistentes para axudar a crear aplicacións en Java, PHP e noutras linguaxes. É unha ferramenta de software libre (licenza Apache 2.0) e multiplataforma, podendo instalarse en todos os sistemas operativos que soportan Java (Windows, GNU/Linux, Mac OSX e BSD). Apache NetBeans é moito máis que un editor de texto. Resalta o código fonte sintáctica e semanticamente, permite refactorizar facilmente o código, cunha gama de ferramentas útiles e potentes.

Mércores, 15 Marzo 2023

Metabase Open Source Edition

Enlace externo

Metabase Open Source Edition, exploración de datos para todo o equipo. Metabase configúrase en cinco minutos, conectándose á súa base de datos e dándolle valor aos seus datos en fermosas visualizacións, sen necesidade de SQL. Facilita o entendemento dos datos a todo o mundo, non só aos analistas e desenvolvedores. Axude ao seu equipo para responder ás súas propias preguntas sobre os datos en só 5 minutos. Metabase proporciona unha imaxe oficial de Docker a través de Dockerhub. Conta cunha licenza GNU Affero General Public License (AGPL) e ten publicado o seu código en GitHub.

Mércores, 15 Marzo 2023

Node js

Enlace externo

Node.js é unha contorna de execución JavaScript de software libre e multiplataforma. Como tempo de execución de JavaScript asíncrono baseado en eventos, Node.js está deseñado para construír aplicacións de rede escalables. Os usuarios de Node.js non teñen que preocuparse polo bloqueo do proceso, xa que non hai bloqueos. Desta forma, os sistemas escalables son moi razoables de desenvolver en Node.js. É similar en deseño a, e influenciado por, sistemas como Event Machine de Ruby e Twisted de Python. HTTP é un cidadán de primeira clase en Node.js, deseñado pensando no streaming e a baixa latencia. Isto fai que Node.js sexa moi adecuado para a base dunha biblioteca ou marco web.

Mércores, 15 Marzo 2023

uMap

Enlace externo

uMap permíteche crear mapas con capas de OpenStreetMap nun minuto de forma sinxela, e poder poñelos na túa páxina web, todo isto con software libre. Con uMap poderás escoller as capas do teu mapa, engadir PDI (marcaxes, liñas, polígonos…), xestionar as cores e as iconas dos PDI, xestionar as opcións do mapa, importar lotes de datos xeoestructurados (geojson, gpx, kml, osm…), escoller a licenza dos teus datos ou inserir en páxinas e compartir o teu mapa, sen coñecementos avanzados.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal