Mancomún
FreeOrion é un xogo libre de estratexia, baixo [[GPL]], e dispoñible para diferentes plataformas, baseado na saga clásica de Master of Orion, aínda que inclúe características propias como o seu motor táctico ou a posibilidade de desenvolver construcións nacionais.

Recentemente foi publicada unha nova versión, a 0.3.1-RC7 de FreeOrion. Nesta versión, a pesar de estar marcada como release candidate, introducíronse novas características ao xogo.

 

Os cambios desde a versión 0.3 son os seguintes:

  •   Varias melloras na interface de usuario.
  •   Engadido novo contido artístico ao xogo.
  •   Novo sistema de son baseado en OpenAL.
  •   Novo sistema de scripting para a IA, baseado en Python.
  •   Novas iconas.

Fonte: Linuxjuegos.com

A Deputación da Coruña editou un CD e unha web con ferramentas lingüísticas, dentro das cales hai unhas cantas que son baseadas en proxectos de Software Libre:

Máis información:

http://www.dicoruna.es/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=10255

http://www.recursosparaogalego.com/  

http://www.mancomun.org/images/stories/postgresql.pngPostgres Forms (pfm) é unha aplicación que permite deseñar informes e formularios para traballar cos rexistros das táboas dunha base de datos PostgreSQL.

As principais características de pfm son:

  • deseñar formularios para engadir, modificar ou eliminar rexistros das táboas da base de datos;
  • deseñar as ligazóns (relacións un a moitos) dende un formulario a outro para navegar pola base de datos;
  • deseñar e xerar informes baseados nos datos dunha táboa ou vista;
  • editar e executar sentencias SQL.

http://www.mancomun.org/images/stories/postgres-pfm.png

Pantallazo de Postgres Forms en funcionamento

 

Postgres Forms está implementado en Tcl/Tk proporcionando unha interface para a creación de informes e formularios sendo necesarios certos coñecementos en SQL para poder traballar coa ferramenta. Por iso é moi recomendable, antes de comezar a traballar con PFM, ler a documentación para familiarizarse co funcionamento da ferramenta.

Pfm está dispoñible para contornos nos que traballe Tcl/Tk. Na forxa de Postgres están dispoñibles as versións para MS Windows e GNU/Linux.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngVemos na web da Ciberirmandade da fala que xa teñen dispoñible para a súa descarga o frontal do joomla 1.5 traducido ao galego.

A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na súa web, e completada, revisada e coordinada por Daniel Muñiz, membro do grupo Trasno.

Comentan tamén que aínda queda algo de traballo de revisión, polo que calquera suxestión, consulta ou dúbida será benvida a través dos seus foros.

 

OBOOE é unha nova Federación Europea que reúne a asociacións empresariais e organizacións relacionadas co Software Libre. Os obxectivos da Federación son os de fomentar a creación de redes entre fronteiras para as iniciativas nacionais, e converterse nunha voz para o sector.

As pequenas e medianas empresas (PEME) son as que crean a maioría dos produtos e solucións de Software Libre. Na actualidade, esta nova florecente industria de PEME está insuficientemente representada e a maioría da comunicación acerca das políticas de TI segue estando controlada polas grandes empresas.

Para cambiar esta situación, os representantes da industria de Software Libre reuníronse en Berlín o 10 de xaneiro. Decidiron pór en marcha unha Federación Europea de Asociacións de empresas de código aberto. A iniciativa, chamada OBOOE (Open Source Business Organizations Of Europe), ten como obxectivo agrupar as asociacións nacionais e rexionais das empresas de código aberto.

Con especial atención para as PEME, OBOOE aspira a converterse nunha voz común para a industria europea de software de código aberto. Vai promover e defender os intereses comúns deste novo ecosistema aberto que envolve ás PEME e os usuarios dos sectores privado e público.

Xavier Heymans, Bruxelas, o director xeral de zeapartners.org, rede de PEME de máis de 14 países, di: “OBOOE aumentará a concienciación nos éxitos das empresas de código aberto, cun enfoque especial nas Pemes. Polo tanto, apoiará e promoverá os intereses do ecosistema de código aberto ao contribuír a promocionar a eficiencia do mercado e o apoio a unha florecente industria europea.”

 
Fonte: DiarioLinux.com  

Os premios «Bancaja Jóvenes Emprendedores» acaban de entregarse e unha das empresas gañadoras foi a empresa vasca » Sharika Digital S.L.L.» que foi premiada por «Desenvolvemento de aplicacións de alto valor engadido utilizando Software Libre.»

Ademais nestes premios tamén foron premiadas 5 empresas galegas, unha das cales, Quobis Networks, está rexistrada no noso «Directorio de empresas de Software Libre » de Galicia.

 

Fonte:
http://www.obrasocial.com

XiTi Monitor lanzou un informe da utilización dos navegadores de Internet actualizado a Decembro de 2007, para iso rastrexaron preto de 112000 webs. En Europa Finlandia mostra o nivel máis alto de participación de Mercado, con 45.4%, superando a Eslovenia, que se converte en segunda con 44.6%. En termos xerais Europa viu un incremento do uso de Firefox dun 0.7%.

Sudamérica subiu dun 11.1% a un 20.2%, os EEUU e un 14.5% a un 21%, Asia dun 11.8% a un 16.5%, África dun 12.4% a un 16.6% e Europa dun 23.2% a un 28% no mesmo período. A estimación actual é que hai entre 120 a 150 millóns de usuarios de Firefox, sumándose a esta cifra 40 millóns de usuarios por ano.

 

Estatisticas

Fonte: Noticiastech.com

http://www.mancomun.org/images/stories/pidgin-plugins-logo.pngThe Purple Plugin Pack é un paquete de módulos adicionais para Pidgin creado orixinalmente por Gary Kramlich e Stu Tomlinson, que se distribuíu como unha lista de complementos para o programa de mensaxería Pidgin. Estes complementos extenden as funcionalidades do cliente de mensaxería incluíndo novas características como autorespondedores, xestión da lista de contactos, integración con programas externos, …

Para que The Purple Plugin Pack traballe correctamente precisa ter instalado Pidgin e requiere GTK máis Glib.

Son máis de 50 os complementos dispoñibles neste paquete, algúns exemplos son:

  • AutoReply, un complemento que permite personalizar as mensaxes de resposta automática para calquera protocolo. Ademais permite programar as diferentes mensaxes de resposta en función do contacto.

  • List Handler, é unha solución para importar a lista de contactos e podela exportar a outras contas. Garda os ficheiros en formato XML podendo importar os contactos dunha conta para outra.
  • Ignore, permite ignorar selectivamente aos contactos seleccionados.
  • Last Seen, visualiza o tempo que leva o contacto sen conectarse e cal fora a última mensaxe recibida.
  • Highlight, este complemento engade soporte para resaltar as palabras especificadas polo usuario.
  • Nick Said, fornece a posibilidade de saltar a unha conversa onde o teu nome sexa mencionado. Tamén se pode personalizar para alertar cando determinadas palabras estean nunha conversa.

O paquete con todos os complementos está dispoñible nos repositorios de Ubuntu, basta con executar o seguinte comando:

sudo apt-get install pidgin-plugin-pack

 

Para máis información do complemento consultar o wiki do proxecto:

http://plugins.guifications.org/trac/wiki/PluginPack

War§ow é un xogo de acción 3D, baixo licenza [[GPL]] e dispoñible para diferentes plataformas, cunha estética colorista estilo cómic. Publicouse unha nova versión de War§ow, a 0.4, que supón unha importante evolución no motor do xogo.

A lista de novidades é a seguinte:

  • WarsowTV: Mediante este sistema é posible transmitir as imaxes das partidas en directo a un elevado número de espectadores.
  • Mellorouse o rendemento do motor do xogo e engadíronse efectos de bumpmapping, specularmapping e shadowmapping. Tamén é posible crear configuracións diferentes de vídeo, para poder intercambiar rápido entre elas.
  • Engadíronse novos mapas ao xogo, e os que xa había recibiron un lavado de cara para adaptalos ás novas características do motor.

  • Novo modelo de arma chamada “Instagun” e un novo personaxe: Bobot.
  • Engadido o modo de xogo Duel Area (1v1) e fixéronse axustes nos modos iTMD e CTF.  
  • Realizáronse diversos axustes nas armas que lles dan novas posibilidades de uso.
  • O xogo é agora compatible con MacOS X.
  • Para botar unha partida é necesario descargar o xogo completo (uns 168 MB).

Descarga: Warsow

Fonte: Linuxjuegos.com

Para todos aqueles que buscan unha alternativa en Software Libre a programas para clonación de discos duros (como Norton Ghost ou Zenworks, por exemplo), aquí vos ofrecemos unha lista con varias aplicacións:

  • Free, Open-Source Ghost (FOG):
    Suite para clonado de discos para Windows XP e Vista que ten incluso interface web para xestionala. Un dos inconvenientes é que polo de agora só pode xestionar unha soa partición de disco.
  • PING: «Partimage Is Not Ghost»:
    É un live-CD de Linux baseado en LFS (Linux From Scratch). Permite facer copias completas de particións, soporta backups a través de protocolos Samba (SMB), da BIOS, creación de DVD de restauración, etc…
  • Partition Image:
    Utilidade Linux/Unix paracida ao Ghost de Symantec. Traballa cos seguintes sistemas de ficheiros: EXT2, Reiserfs, NTFS, HPFS, FAT16 e FAT32. Ten capacidade para comprimir as imaxes con bzip2 ou gzip e tamén pode dividilas en varias máis pequenas para poder gravalas máis facilmente.
  • g4u «ghost for unix»:
    É un live-CD que permite o clonado dos discos usando FTP. Usado para restaurar unha imaxe de instalación dun PC en varios idénticos. O disco de arranque ofrece dúas funcionalidades: subir a imaxe comprimida do disco a un FTP, descargala a través do FTP e restaurala no disco. Permite o clonado tanto de particións como de discos enteiros…

 

  • Linbox Rescue Server (LRS):
    Ferramenta para centralizar as imaxes dos discos duros (ao estilo do Ghost Enterprise Server), backups de ficheiros, inventario de hardware e software de sistemas Windows, Linux e Mac OS X, … Pódese xestionar a través de web e as imaxes poden restaurarse usando PXE ou un CD/DVD con arranque. Soporta Ext2/3, ReiserFS, XFS, JFS, e LVM v1/v2.
  • Clonezilla:
    Ferramenta de clonado de discos que ten como particularidade que só salva e restaura os bloques de disco que están en uso. Foi usado para clonar un disco de 5GB a 40 clientes en tan só 10 minutos.
 
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://cyberpunkcafe.com/page.php?82

Segundo a publicación Heise.de, a entidade xermana da dirección xeral do traballo converteu 13.000 computadores Windowsen computadores con GNU/Linux. A razón indicada é que o uso de Linux será máis seguro e máis barato.

Klauss vitt, director do proxecto, comentou á publicación que Windows NT e Internet Explorer non foran «tecnoloxicamente actualizados» e que «o cambio de plataforma flexibilizara o noso traballo, facilitando ademais a incorporación de novas tecnoloxías na medida que estas estén dispoñibles».

A distribución elixida foi unha versión modificada de OpenSUSE e como navegador web usarán Firefox.

Fonte:
http://diarioti.com

http://www.mancomun.org/images/stories/wordpress-logo.jpgO 24 de xaneiro de 2003, Matthew Mullenweg anunciaba no seu blogue a súa intención de crear unha derivación (fork) do programa para creación de blogues b2/cafelog. Ese fork acabou sendo WordPress.

Pasaron 5 anos e hoxe en día WordPress é o software de creación de blogues máis popular do planeta. Feliz aniversario!

Fonte da nova:
http://www.marcelor.com

O Real Clube Celta de Vigo presentou onte a súa nova tenda virtual: http://www.tiendacelta.com/, onde se poden adquirir todos os produtos relacionados co equipo.

A nova tenda virtual está construída sobre a solución de Software Libre «osCommerce«, unha das aplicacións para comercio electrónico de uso máis estendido. Asemade, esta opción implica o uso dunha contorna con Apache, MySQL e PHP…

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngHardy Heron é o nome da próxima versión de Ubuntu, en concreto a 8.04 e que será a segunda versión con LTS (Long Time Support).

Desde AGNIX, anuncian que a través da plataforma Launchpad xa se pode axudar a traducir ao idioma galego esta versión de Ubuntu.

A ligazón para axudar en dita tradución é a seguinte: https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+lang/gl

Con respecto ás versións LTS de Ubuntu, é importante dicir que a primeira versión foi a 6.06 (Dapper Drake) e que leva máis de dous anos recibindo soporte ininterrompido. Este soporte durará até mediados do ano que ven para as versións de computadores de escritorio e até mediados do 2011 para as versións de servidores.
http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpgHai xa unhas semanas anunciábamos a dispoñibilidade da nova versión de Gimp 2.4.3 en galego. Se ben nun primeiro momento non había dispoñibles os paquetes autoinstalables para Windows (isto implicaba que había que compilar o código fonte do programa para poder instalalo), o 21 de xaneiro saíron estes paquetes:

Podedes atopar máis información sobre a tradución ao galego do Gimp na nova orixinal sobre a tradución

http://www.mancomun.org/images/stories/rededinamizadores.jpgA Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba en colaboración coa Rede de Dinamización organiza un obradoiro de comercio electrónico, no que se darán a coñecer as vontades da plataforma osCommerce para a creación dunha tenda virtual, práctica que se levará a cabo durante o obradoiro.

O obradoiro está dirixido a empresarios e traballadores e comeza hoxe en horario de luns a venres de 20:30 a 22:30.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberanse inscribirse antes da hora de comezo…

Para máis información consulta a fonte orixinal da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal