Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/ez_for_ob.pngJordi Massaguer Pla vén de publicar un conector, EZforOb, que permite a comunicación entre eZ Publish e Openbravo ERP. A integración de Openbravo cun sistema de comercio electrónico era unha das peticións que a comunidade estaba demandando e que agora se pode facer por medio de eZ Publish.

EZforOb permite conectarse coa instancia Openbravo ERP e descarga o catálogo de produtos da mesma. Todos os catálogos descárganse nunha carpeta invisible, de modo que o administrador da tenda pode publicar estes produtos onde desexe.

Na páxina do proxecto eZforOb está o ficheiro para descargar é todos os detalles técnicos e instrucións explicando o proceso de instalación. A integración implementouse facendo uso da biblioteca de Servizos Web en Openbravo (concretamente Apache AXIS).

A empresa que levou a cabo o desenvolvemento da aplicación foi Opentrends.

Fonte: Blogue de Jordi Mas

A compañía de Internet AOL, filial do xigante mediático estadounidense Time Warner, decidiu suspender o desenvolvemento do navegador Netscape.

Tom Drapeau, director de Netscape dentro de AOL, anunciou no blogue de Netscape que desde a última versión número 9 do navegador até a 1.0, deixarán de estar dispoñibles a partir do 1 de febreiro de 2008. En opinión de Drapeau, AOL decidiu suspender o desenvolvemento de Netscape xa que foi «incapaz de gañar cuota de mercado e o número de usuarios diminuiu».

Por outra banda o mencionado directivo sinala que, tamén, polo «éxito de Mozilla Firefox á hora de desenvolver produtos moi louvados polo público, cremos que é o momento apropiado para suspender o desenvolvemento de Netscape e pasarlle a testemuña a Mozilla e instar aos usuarios de Netscape a que adopten o navegador Firefox»…

 

Extraído da Wikipedia Galega:
«Netscape Navigator
foi un navegador web, o primeiro comercial, que foi o produto estrela de Netscape Communications Corporation, que dominou o mercado entre entre 1996 e 1999.
Desenvolveuno o equipo dirixido por Marc Andreesen que creou o Mosaic, ao que substituiu rapidamente. Saíu ao mercado o 13 de outubro de 1994 co nome de Mosaic Netscape 0.9.
Netscape Navigator creou novos estándares para a presentación de páxinas web, como táboas e marcos, e foi tamén o primeiro en incluír unha linguaxe de script, ao introducir na súa versión 2.0 JavaScript.
En marzo de 1988 Netscape liberou a maioría do código fonte do navegador e o colocou baixo a licenza de software libre.

 

Máis información en:
http://www.hispamp3.com

LinCity-NG é un xogo de simulación de cidades inspirado no primeiro SimCity pero cuns gráficos modelados en Blender similares a SimCity 2000 ou 3000. Está baixo licenza [[GPL]] e dispoñible para varias plataformas.

Publicouse a versión de desenvolvemento 1.91 Beta de LinCity-NG, na cal podemos ver os novos elementos de xogo que terá a próxima versión estable. A lista de cambios é a seguinte:

  • Administración da auga.
  • Engadido un simple sistema ecolóxico.
  • Novos escenarios difíciles: extremadamente árido e extremadamente húmido.
  • Engadiuse unha nova construción (pozo de auga), e toda a produción biolóxica depende da auga que se atope dispoñible.
  • Realizáronse outras pequenas melloras e corrixíronse varios erros.

O diversos paquetes desta versión beta pode descargarse desde a sección de descargas do proxecto en Berlios.

Fonte: Linuxjuegos.com

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.png Voluntari@s da web da CiberIrmandade da Fala veñen de rematar a tradución ao galego dos foros Fireboard na súa versión 1.0.4. Esta tradución é un novo e importante paso na adaptación ao galego de programas básicos para o desenvolvemento de webs sociais baseadas en software ceibe como Joomla! e Mambo.

Desde as Ciberirmandades queren agradecer á comunidade internauta a súa desinteresada colaboración neste importante traballo.

A tradución está dispoñible na seguinte ligazón

Fonte da nova:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/425/1/

http://www.mancomun.org/images/stories/glug.png Os membros do grupo de usuarios de GNU/Linux GLUG anuncian na súa páxina web que comezaron os preparativos para a súa participación na Xuventude Galiza Net deste novo ano 2008: 

«No GLUG andamos argadelando a participación na Xuventude Galiza Net. Para iso habilitamos unha páxina na nosa wiki para recoller ideas e cousas que poidamos levar a cabo. Tamén podemos entrar en colaboración con outros grupos, de feito andamos na procura de colaboración para que a nosa intervención sexa moito máis satisfactoria e podamos ter un impacto maior á hora de espallar o Software Libre.

Aínda estamos en «pañais» polo que se queres participar connosco pásate pola wiki ou deixa un comentario

Máis información na páxina de GLUG:
http://www.glug.es/node/2420

Nun movemento inadvertido pola maioría dos medios (o que pode deberse á barreira do idioma, máis que nada), Nintendo lanzou o 30 de agosto deste ano un proxecto para desenvolver un sistema operativo, na versión xaponesa de SourceForge.net. Este sistema responde ao nome de ES, cuxa primeira versión (0.1) publicouse o 11 de outubro, e a pesa de non estar amparado baixo unha licenza como a [[GNU]] [[GPL]] ou [[BSD]], é de carácter aberto, con código fonte dispoñible. Funciona sobre arquitectura x86 e pode ser emulado sobre [[QEMU]]…

… mentres que o seu núcleo ou kernel esta escrito na linguaxe de programación [[C]], mentres que emprega como intérprete ECMAScript. A parte gráfica corre a cargo da librería de software Cairo, e esta dispoñible unha adaptación de Squeak, para os que estean máis cómodos empregando Smalltalk. O sistema de arquivos empregado é [[FAT]] (File Allocation Table), que aínda que algo anticuado é funcional.

Aínda se atopa en etapas temperás de desenvolvemento. Aínda que moi básico, algunhas persoas consideran que podería tratarse do armazón primario da competencia do XNA de Microsoft para o desenvolvemento de xogos, que grazas ao apoio de programadores de todo o mundo, podería gañar moito máis apoio. Isto, a semellanza de proxectos con éxito de carácter aberto como son GNU/Linux, Mozilla Firefox, Apache, ou OpenOffice.org. De momento, o proxecto continua e cada certo tempo libéranse novas actualizacións.

 

Fonte: Universo-nintendo.com  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal