Para desenvolver OSN, 3Com asociouse con catro fornecedores de software que contan co código que se poderá executar nos blades: Vericept, que fai software de seguridade e análise de datos e ferramentas para o cumprimento de normativas; Q1 Labs, que vende software de correlación de eventos de seguridade; Converged Access, fabricante de software de control de tráfico para controlar e optimizar o fluxo de aplicacións sobre enlaces WAN; e VMware, subsidiaria de EMC cunha tecnoloxía de virtualización de servidores que permitirá ás aplicacións executarse coma un servizo nun entorno de máquina virtual sobre un blade OSN.
Ademais destas aplicacións, 3Com afirma que está traballando para migrar a súa propia plataforma PBX IP VCX e os seus produtos IDS e IPS TippingPoint ao módulo ONS.
3Com lanzará este mes o módulo para un número limitado de fornecedores de servizos, mentres que as empresas terán que esperar ao cuarto trimestre. Tamén a finais de ano estará dispoñible un módulo ONS equivalente para os seus conmutadores Ethernet da serie 7000 e 8000.
