A «Asociación de Jóvenes Empresarios de la Provincia de Lugo» (AJELugo) agrupa entre os seus membros a emprendedores menores de 45 anos que apostaron por un proxecto empresarial de futuro. Así, e a través dun convenio firmado coa empresa «SCA Informática» ofrecen aos seus socios, entre outras máis cousas:
- Consultoría gratuíta para desenvolvementos de aplicacións informáticas baseadas en Software Libre.
- Auditoría gratuíta en valoracións de estados de sistemas, para melloralos en calidade técnica, custe económico e orientalos cara a GNU/Linux e o Software Libre…
Máis información en:
http://www.ajelugo.com/convenios/list/
