Cantv, a maior operadora de telecomunicacións de Venezuela,
migrará a Software Libre dentro das directrices sinaladas polo Decreto 3390, folla de ruta para o cambio de paradigma tecnolóxico por parte deste goberno latinoamericano. O 3390 foi presentado no ano 2005 e prevía a migración dos sistemas públicos en dous anos.
A migración de Cantv beneficiará a máis de 21 millóns de usuarios de teléfonos móbiles venezolanos. Os responsables desta política calificaron o Software Libre como «un modelo máis sano» e que permitirá o desenvolvemento dunha industria nacional de desenvolvemento de aplicacións informáticas.