Mancomún

A "Comunidade Linux o Zulo" organiza o IV Ciberencontro Concello de Mugardos

Durante os días 21, 22 e 23 de setembro terá lugar o IV Ciberencontro na casa da cultura do Concello de Mugardos, organizado pola «Comunidade Linuz o Zulo» e o propio concello. As inscricións xa están abertas.

O evento, tamén coñecido como Kernel 2007, terá relatorios de GNU/Linux, xogos, conferencias, churrascada, etc…; mais aínda está por confirmar o programa definitivo.

Un pouco de historia do evento

A historia do Kernel, remóntase a outubro de 2003 cando Alberto e Evaristo tras uns relatorios e algúns cafés deciden facer as Xornadas de Software Libre Concello de Mugardos, e posteriormente en setembro do 2004 organizar o I CiberEncontro Concello de Mugardos. Nese momento únese Pablo «Ping» e deciden, sen «normas» e dun modo altruísta, denominarse «Comunidade Linux o Zulo». Xunto con outra xente, reuníronse durante 14 horas para entre outros: compartir ficheiros, experiencias…

No ano 2005 chegou a segunda edición con grande éxito de público, máis ou menos 45 inscritos, de vilas como: Fene, A Coruña, O Grove, Vilagarcía, Ferrol. A repercusión mediática tamén foi moito maior: entrevistas e cuñas en Radio Fene, entrevista a Alberto en «La Voz de Galicia». Un dos pratos fortes foi o Servidor DC++, que permite compartir ficheiros dun modo sinxelo, podendo conversar cos distintos usuarios… a magnífica charla de Andrés Diaz , membro do GPUL, acerca da seguridade informática.

No 2006, de novo en setembro, reuníronse para facer a III Edición. As novidades máis destacadas foron: a churrascada do sábado e o MegaFTP que abriron o sábado pola mañá.

A edición do ano pasado foi a edición da consolidación do Kernel, cunha gran afluencia de público (cerca de 65 persoas).

 

Evento engadido a «Axenda de eventos».

Fonte da nova:
http://www.mugardosping.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal