Mancomún

A GUADEMY 2008 celebrarase en Valencia e contará con presenza galega

A GUADEMY 2008 celebrarase en Valencia e contará con presenza galega

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpgA Asociación de Usuarios de Software Libre da Universidade Politécnica de Valencia (PoLinuX) anuncia o II encontro de desenvolvedores de KDE e Gnome (GUADEMY) que se celebrará en Valencia durante os días 25,26 e 27 de abril.

Nesta segunda edición, contan coa colaboración, entre outros, de GPUL (grupo de programadores e usuarios de Linux de Galicia), que anteriormente organizaran a primeira GUADEMY con sede na Facultade de Informática da Coruña.

O obxectivo deste encontro e establecer con maior rigor os criterios de desenvolvemento dos escritorios e consolidar as iniciativas de colaboración, para o cal invitan a participar a toda a comunidade de desenvolvedores…

A GUADEMY 2008 celébrase cun enfoque práctico, con grupos de traballo e foros de debate que permitan definir as bases para un traballo conxunto e tomar decisións concretas sobre a converxencia de ambos desenvolvementos.

Para calquera consulta ou dúbida sobre a GUADEMY 2008 hai dispoñible unha lista de correo da organización do evento e un enderezo de correo electrónico de contacto que podes atopar na fonte orixinal da nova en:
http://2008.guademy.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal