A «Linux Foundation» anunciou a semana pasada a dispoñibilidade dun kit de desenvolvemento estándar para drivers de impresoras. O DDK, nome que ten o kit, ofrece as ferramentas e recursos necesarios aos fabricantes de impresoras para poder desenvolver un paquete de drivers compatible con todas as distribucións de Linux, reducindo o tempo e esforzo necesario para dar soporte a Linux.
Este lanzamento tamén pretende mellorar o soporte e funcionalidade de cara ao usuario final ofrecéndolle unha nova conexión API vía web á base de datos OpenPrinting. O obxectivo desta API é soportar o maior número de distribucións Linux e habilitar á instalación da impresora de Linux a atopar e descargar automaticamente o driver de impresión, aínda que non estea dispoñible na distribución…
Como consecuencia da estandarización do soporte de impresión, os fabricantes de impresoras só terán que facer un paquete de drivers, e ese paquete de drivers soportará todas as distribucións de Linux que sexan compatibles con LSB (Linux Standars Base).
«O LSB DDK é o resultado directo dos esforzos dun grupo de traballo que farán moito máis fácil crear drivers de impresión independentes da distribución», dixo Till Kamppeter, director do grupo de traballo Linux Foundation’s OpenPrinting.org. «Unha das novas características máis importantes é o engadido da API web da base de datos OpenPrinting. Configurar impresoras que non estean soportadas pola distribución non volverá a ser un problema».
O DDK pode ser descargado libremente dende a web da «Linux Foundation», dende a seguinte ligazón:
Descarga do DDK
Fonte orixinal da noticia (en inglés):
http://www.desktoplinux.com
