Mancomún

A maioría dos concellos dos Países Baixos pensan empregar Software Libre

O 61% dos 453 concellos das cidades holandesas está a empregar ou empregará Software Libre, de acordo a un informe publicado este Luns polo proxecto holandés Ososs .

O proxecto gubernamental está a promover que as administracións públicas empreguen Software Libre. Hai aproximadamente ano e medio, un representante do proxecto, contactou cos 453 concellos. O proxecto Ososs serviu para averiguar que o 29% dos concellos empregaba GNU/Linux como servidor, o 11% empregaba servidores de bases de datos coma mysql ou postgesql e o 5% OpenOffice.org.

Os resultados están publicados nun informe titulado ‘Open Gemeenten’. O informe é unha colección de 35 casos de estudo, nos que destacan os de: Assen, Epe, Weert, Goes e Heerenveen por estar empregando software libre.

Aproximadamente o 8% dos concellos están en contra do uso de Software Libre, mentres que o 25% está a empregalo sen sabelo ou por casualidade.

Moitos concellos están a descubrir que moitas compañías das que dependen, non saben nada acerca do Software Libre ou ben non dan soporte ó mesmo. Estas compañías prefiren pechar o seu código e esto impide o uso de software libre.

Empregando estes 35 casos de estudo, o proxecto Ososs axudou a establecer un marcador das aplicacións máis sinxelas e difíciles de implementar. Entre as máis sinxelas están os navegadores web, mensaxería instantánea, firewalls, filtros antispam, servidores web, convertidores de PDF, etc. Por outra banda, entre os máis difíciles de implantar nunha organización atópase OpenOffice (sempre semella máis dificil cambiar o entorno do usuario final en lugar do entorno de servidores segundo se pode concluir do informe).

Fonte: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7211/469

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal