OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións ofimáticas que incorpora un procesador de textos, un xestor de follas de cálculo, un xestor de bases de datos… e que conta coa interface e a axuda totalmente en galego. Ten a vantaxe de incorporar un corrector ortográfico e, en breve, incorporará tamén un gramatical.
Máis de 25.000 persoas xa teñen a versión de OpenOffice.org coordinada por Mancomun.org en formato CD ou descargada a través do portal. Os proxectos de localización de Mancomun.org están nun Wiki aberto á participación de todos.
Para a adaptación ao galego destes programas Mancomun.org pon á vosa disposición a ferramenta de tradución colaborativa Entrans. Actualmente está dispoñible para a tradución o editor de imaxes Gimp, unha boa alternativa libre a programas como Photoshop.
