A Oficina de Software Libre da UDC segue a colaborar co proxecto de tradución ao galego do contorno GNOME coa tradución de tres novos programas: o Brasero (aplicación para gravas cedés), o Planner (aplicación para a planificación de proxectos) e o Packagekit (aplicación para facilitar a instalación de programas). Estes tres programas suman un total de 1.700 cadeas, que se suman ás máis de 900 do reprodutor de música Rhythmbox.
Con estas traducións, o estado actual da tradución de GNOME ao galego é o seguinte:
| Versión de GNOME |
Cadeas traducidas | Cadeas sen traducir e/ou dubidosas
|
% |
| 2.20 (Stable) | 36.013 | 2388 | 93% |
| 2.22 (Development) | 37.903 | 3254 | 92% |
Todo o traballo de coordinación da tradución ao galego de GNOME é levado a cabo polo grupo de usuarios do Proxecto Trasno…
Máis información na páxina de:
Oficina de Software Libre da UDC
Web do Proxecto Trasno
