A Open Design Community é un grupo de deseñadores libres que ofrecen modelos (templates) de deseño libres para quen as queira aproveitar. O seu obxectivo é crear unha comunidade onde os usuarios podan compartir os seus deseños e modelos, debatir sobre eles e promover os seus servizos.
A súa web OpenDesigns.org é xestionada pola Open Design Community estruturada coma unha organización sen ánimo de lucro e conta con 3 administradores e 10 moderardores. Na actualidade a web conta con máis de 300 deseños con licenzas Creative Commons e GPL de dominio público.
