A policía nacional sueca está migrando os seus sistemas informáticos a software libre. De acordo cunha nota de prensa publicada por MySQL AB, a compañía de orixe sueco que desenvolveu [[MySQL]], as forzas policiais empregarán esta base de datos, unha aplicación web baseada en java empregando JBoss, apache e Suse GNU/Linux coma sistema operativo.
A compañía declarou que a policía xa comezara coa migración de varios dos sistemas actuais. «No futuro, as solucións informáticas, estarán baseadas estrictamente nesta solución de software libre». A compañía tamén aclarou que a motivación desta migración era principalmente de aforro en custos e maior eficiencia.
«O noso obxectivo principal é reducir custos e reducir o risco de depender da tecnoloxía dun vendedor debido a alta seguridade e fiabilidade inherentes ao traballo policial» declarou Per-Ola Sjöswärd, director executivo de estratexias para a policía nacional sueca.
Calcúlase un aforro do 50 por cento comparando esta solución con outras propietarias (cabe destacar que contan con máis de 25.000 empleados), ademais, a policía puido cubrir os custos de equipar 400 coches policía.
