Mancomún

A provincia de Groningen (Países Baixos) formula empregar OpenOffice.org

A provincia holandesa de Groningen está a considerar migrar a OpenOffice.org como anunciou esta pasada semana. A provincia planea non renovar a sua actual licenza para Microsoft Office, que remata o 1 de xaneiro de 2009.

Esta licenza permítelle ao goberno provincial continuar usando Microsoft Office durante tres ou catro anos, mais o desexo do goberno de Groningen é usar o diñeiro que se aforra das licenzas, sobre 50 000 euros anualmente para pagar a migración a OpenOffice.org. Groningen, ao norte dos Países Baixos, é a primeira das doce provincias holandesas en considerar o OpenOffice.org, unha paquete de aplicacións ofimáticas de código aberto.

O plano de migración ten o mesmo nome que a devandita cidade, que decidiu cambiar a OpenOffice o ano pasado. Segundo se explica no plano, a metade do diñeiro aforrado servirá para pagar a introdución de OpenOffice.org e a outra metade reservarase para o caso de que se decida, máis tarde, mercar novas licenzas de Microsoft Office.

Segundo as palabras de Peter Millenaar, un dos traballadores das tecnoloxías da información provinciais e responsable do plano, empregar o OpenOffice.org é unha boa forma de pescudar que impacto ten o software de código aberto nas organizacións e que significa para a xestión das tecnoloxías da información… 

Groningen tamén decidiu que, alí onde for posible, ofrecerá preferencia ao software de código aberto nos novos proxectos de tecnoloxías da información. O seguinte paso logo de comezar a usar o OpenOffice.org nos ordenadores de escritorio será axeitar alternativas de software de código aberto que están dispoñibles para os sistemas de xestión de bases de datos relacionais, para os sistemas de información xeográfica, as ferramentas de xeración de informes e para o software de asistencia técnica de tecnoloxías da información. «Mercar software americano será principalmente soportado pola industria de software americano», a provincia cita un informe do 2004 por SEO Investigación Económica, un instituto de investigación económica holandés.

Tamén segundo o plano, o feito de empregar software de código aberto significará gastar menos diñeiro en licenzas e así incrementar o soporte para os provedores de servizos de tecnoloxías da información locais. A provincia xulga que isto estimulará as industrias innovadoras rexionais.

O plano de migración precisa que os representantes provinciais o aproben en setembro mais o goberno provincial, porén, non agarda obxeccións.

Fonte: IDABC
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal