A charla terá lugar o venres 6 de xullo ás 4 da tarde na aula de informática de Apetamcor, en Barbadás, Ourense.
Con esta charla a Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información pretende acadar varios obxectivos, entre eles promocionar e difundir o uso do Software Libre, tanto para particulares como para empresas, así como potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.
Tamén se pretende dar a coñecer o labor de mancomun.org e as diferentes iniciativas que se desenvolven desde diferentes ámbitos.
Evento engadido á «Axenda de eventos» de mancomun.org:
Axenda de eventos
