Mancomún

A rexión italiana da Toscana incrementará o uso de Software Libre nas escolas, universidades e PEM

A rexión italiana da Toscana incrementará o uso de Software Libre nas escolas, universidades e PEM

http://www.mancomun.org/images/stories/idabc-logo.png Tanto a administración da rexión da Toscana como da provincia de Pisa, a Universidade de Pisa e o centro de negocios de Navacchio, en Italia, firmaron un acordo no que se comprometen  «a promover a investigación e diseminación da tecnoloxía e a aplicación de solucións en Software Libre».

As catro organizacións estiveron de acordo en crear un centro de Software Libre na provincia de Pisa. O obxectivo deste centro e estender o uso de Software Libre na educación, na investigación e nas empresas. O centro comezará ofrecendo cursos e formación tanto técnica como administrativa para o persoal da administración pública así como para o das empresas…

O vicepresidente da rexión, Federico Gelli, dixo que as actividades do centro deberíano impulsar até un nivel nacional e liderar o incremento de uso deste tipo de software. Gelli comentou que a administración da rexión de feito xa estaba usando Software Libre nos PC do persoal ademais de que 45 proxectos do goberno usaban xa Software Libre.

A provincia de Pisa leva desde o ano 2000 cun crecente interese polo Software Libre xa que consideran que o Software Libre é esencial para o desenvolvemento da sociedade da información, modernizar o goberno e axudalo a ter en conta aos cidadáns.

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7368/469

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal