O congreso eGovernment Days, que se celebra entre os días 11 e 13 de febreiro en Brdo (Eslovenia), é un evento organizado pola Unión Europea para definir as bases que orientarán as súas políticas públicas en materia de goberno electrónico nos próximos anos. Con este obxectivo convida ás personas responsabeis dos proxectos e organizacións públicas do ámbito internacional que acadaron unha maior relevancia polo acerto e a eficacia das súas actuacións en liña co Marco Europeo de Interoperabilidade promovido pola axencia IDABC da Comisión Europea.
Entre os proxectos gubernamentais que se presentarán neste evento atópase o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria. A Unión Europea recoñece deste modo o liderazgo de Galiza polo seu modelo de promoción do software libre e dos estándares abertos.
