FLOSSInclude completa o traballo xa emprendido por varios dos socios no seu estudo pioneiro FLOSWorld proporcionando unha análise contextual baseado nas experiencias particulares e nacionais das organizacións e países participantes.
En concreto FUNDECYT coordinará o paquete de traballo máis ligado cos aspectos sociais do Software Libre, dada a súa experiencia consecuencia do impacto social obtido en Estremadura tanto coa utilización de software de código aberto, como coa creación da incubadora de empresas de base tecnolóxica. Ademais encargarase dar soporte ás redes de colaboración e a diseminación dos resultados finais do estudo.
Os primeiros esforzos dos socios servirán para pór en práctica servizos, ferramentas e solucións baseadas en FLOSS, asegurándose da súa efectividade en custos e a súa utilidade en diferentes contornos. O resultado plasmarase nunha «folla de ruta» para a futura cooperación en investigación para o desenvolvemento na UE, a partir de solucións validadas para necesidades claramente identificadas. Xunto co empuxe masivo a diseminación e colaboración en rede, FLOSSInclude ten como obxectivo asegurar un impacto máis aló da duración do proxecto. Pódese atopar a declaración de intencións dos participantes nesta ligazón.
