
A Universidade de Santiago forma parte do
Open Course Ware, unha iniciativa educativa destinada a prover de contidos educativos libres. Esta iniciativa partiu do prestixioso
MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) e conta coa participación da Universidade de Santiago de Compostela que
colgará apuntamentos sobre diversas materias a libre disposición dos alumnos.
Os cursos dispoñibles son «Tecnoloxía dos alimentos», «Farmacoloxía I», Perspectivas metodolóxicas no estudo da Gramática Inglesa», «Materiais ópticos», «Tratamento Computacional de Imaxes, «Teoría e lexislación sobre Patrimonio Artístico, «Topoloxía», «Enfermidades infecciosas» e «Lingüística aplicada».