
A empresa
Tagen Ata vén de poñer a disposición da comunidade o sistema de xeración de blogues libre
WordPress na súa versión 2.2 en galego. Podedes acceder á
tradución no
Wiki de Mancomun.org así como ás
anteriores versións. O responsable oficial do WordPress en Galicia, Amador Loureiro Blanco, subiu o programa aos
repositorios oficiais. Recordámosvos que podedes editar o wiki incorporando novo Software Libre traducido ao galego e incorporando información e documentación ao portal.
WordPress é un sistema de contidos enfocado á creación de blogues, desenvolvido en PHP e MySQL baixo licenza GPL. O seu uso está moi estendido, entre outras causas, polo seu fácil uso, a súa licenza e as características como xestor de contidos. Posúe unha comunidade de desenvolvedoras e desenvolvedores ampla encargada de desenvolver complementos e temas.