Mancomún

A versión 2.6.23 do kernel de Linux incluirá as ferramentas de virtualización Xen e Iguest

A versión 2.6.23 do kernel de Linux incluirá as tecnoloxías de virtualización Xen e Iguest. Desde a versión 2.6.20 xa contaba coa plataforma de virtualización KVM.

Xen foi desenvolvido pola Universidade de Cambridge e é un dos sistemas de virtualización máis populares que, coa súa inclusión no kernel, daría un paso importante á hora de competir con VMware. Iguest é un sinxelo hipervisor para executar máquinas virtuais Linux sobre Linux. Ao contrario que KVM, non require hardware con VT/SVM (as solucións de virtualización HW de Intel e AMD).

 

Fonte da nova. The Inquirer

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal