O 23 de xuño de 2007 a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, alcanzou a cifra de 25.000 artigos.
Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o interesado en contribuír.
A Galipedia botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 25.092 artigos…
A idea da Galipedia é a de ter, en galego, unha enciclopedia colaborativa coa que afondar no coñecemento. Para o mesmo, a Galipedia:
- Está aberta á colaboración de todo o mundo.
- Está aberta ás diversas correntes de pensamento, sempre que non sexan agresivas coas demais.
- Está aberta a todos os temas.
- Está sendo renovada constantemente.
- Está en continuo crecemento.
- Está en contacto coas outras wikipedias para mellorar dun xeito continuo.
- Está aberta ao uso por calquera persoa que dispoña de acceso a internet, nas condicións de uso da GNU Free Documentation License.
Respecto a algúns datos sobre as celebracións do artigo número 20.000, véxase a páxina Wikipedia:20.000_artigos.
Algunhas estatísticas máis da Galipedia son que os colaboradores fixeron 408.693 edicións desde o 8 de marzo de 2003; isto supón 8.40 edicións por termo medio por páxina, e que actualmente hai rexistrador 2.230 usuarios.
Máis estatísticas:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Special:Statistics
http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Estat%C3%ADsticas
Fonte:
http://gl.wikipedia.org
