Mancomún

A Xunta considera a adopción do Software Libre na administración coma algo irrenunciable

A Xunta considera a adopción do Software Libre na administración coma algo irrenunciable
Logo do Pegsi A Xunta considera irrenunciable a adopción do Software Libre na administración e investirá uns 2,8 millóns de euros na adopción por parte das administracións públicas de sistemas informáticos baseados en estándares abertos.
 
Ademais a súa acción non se limitará á administración autonómica senón que promoverá o código aberto entre os concellos de Galicia. Para dar pulo a este proceso a Xunta favorecerá as propostas tecnolóxicas de Software Libre e dará formación aos seus funcionarios nestas tecnoloxías. Son algunhas das medidas e previsións que o Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI) ten previstas.
 

De acordo co PEGSI, a administración autonómica galega creará un comité de seguemento da adopción de estándares abertos por parte da administración pública. Elaborarase asemade un estudo estratéxico da viabilidade da incorporación do Software Libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración. 
 
As previsións do plan apuntan a que no ano 2010 a porcentaxe de plataformas e aplicacións corporativas desenvolvidas pola Xunta de Galicia en Software Libre será de entre un 12 e un 26%, os portais da Xunta desenvolvidos sobre xestores de contido libre sería entre un 70 e un 94%, as plataformas desenvolvidas en Software Libre por empresas serían entre un 12 e un 22% e unha porcentaxe de entre o 32 e o 42 % dos concellos de Galicia contaría con plataformas tecnolóxicas libres.
 
Para acadar unha maior extensión do Software Libre entre as administracións o PEGSI prevé as seguintes actuacións:
  • Valoración da viabilidade e da estratexia de incorporación do sóftware libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración
  • Desenvolvemento do posto de traballo/escritorio estándar soportado en programas ofimáticos de Software Libre
  • Implantación de solucións baseadas en código aberto nos servidores
  • Implantación e desenvolvemento de servizos públicos electrónicos baseados en plataformas de código aberto.
Por outra banda, para promover o Software Libre na sociedade as actividades previstas son:
  • Determinar as áreas máis favorables para a implantación do Software Libre
  • Realizar accións divulgativas e de sensibilización
  • Convocatorias para a implantación de solucións baseadas no Software Libre
  • Promover a creación de comunidades e puntos de encontro arredor do Software Libre para compartir coñecementos
  • Proxectos singulares, con especial fincapé nas actuacións noutros ámbitos do PEGSI, onde se primará o emprego de Software Libre
  • Crear un catálogo dos fornecedores informáticos de Galiza que teñan produtos e servizos na área do Software Libre
  • Primar o desenvolvemento de aplicacións de código aberto nos distintos programas que convoque a Administración galega de apoio á actividade empresarial

O PEGSI foi elaborado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sodciedade da Información pertencente á Consellería de Innovación e Industria.

 

 
 
 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal