Este proxecto consiste na realización de diferentes actividades (música en directo, circo, Internet, etc.) a través de dúas carpas itinerantes. Acompañando ás carpas irán dous cibercamións que permitirán achegar a informática á cidadanía, sempre empregando Software Libre.
As carpas e os cibercamións, chamados Arredemo Lab, moveranse por diferentes comarcas de Galicia, a partir do mes de maio. As actividades dos cibercamións van dende a creación de páxinas Web ó traballo con ferramentas de ofimática.
A financiación realízase a través das Consellerías de Innovación e Industria, Cultura e Deporte e a Vicepresidencia da Igualdade e Benestar Social.
