Comprácenos anunciar dende Inestable que os días 5, 6 e 7 de abril de 2007 realizaremos as V Xornadas GNU/Linux de Ordes. Xa está aberta a inscrición que custará 5€, prezo que consideramos simbólico para comprometer á xente a vir e de paso colaborar na organización das Xornadas e incluirá diversos agasallos para os asistentes.
O ciclo de conferencias terá lugar en Ordes (A Coruña) nas aulas da academia Sistema (Praza de abastos, 14) e abarcará temas diversos e de diferentes niveis.
O programa provisional e a información necesaria para inscribirse poderédela atopar na nosa web
Un saúdo e esperámosvos, seredes todos benvidos!
