Mancomún

Aberto o prazo de inscricións para a iparty9

Acaban de abrirse as inscricións para a novena edición da iParty, un encontro de afeccionados ao Software Libre. A Asociación para o Desenvolvemento da Informática e a Telemática (ADITEL) organiza durante os días do 12 ao 15 de abril a súa tradicional reunión no Pavillón Deportivo da Universitat Jaume I de Castelló.

Neste espazo de encontro, no que os asistentes reúnense para compartir coñecementos e experiencias nun ambiente distendido, poderase asistir a unha serie de conferencias, talleres e concursos relacionados co Software Libre…

Este ano contará no seu seo coa quinta reunión de usuarios de Blender de fala hispana, coñecida como Blendiberia. Esta celebrarase do 13 ao 15, e contará como acto estelar coa conferencia dun dos principais creadores arxentinos de Plumíferos, a primeira longametraxe realizada con este programa 3D libre, que se estreará oficialmente a finais deste ano.

Como outros anos, programáronse talleres dos programas de debuxo máis usados, do mencionado Blender e de programación básica de videoxogos, así como un taller de hacking práctico que nos achegará aos problemas básicos do mundo da seguridade informática. E, como non, poderemos participar en concursos para todos os gustos: desde o extravagante frikitest ata o concurso de seguridade, pasando polo de programación, deseño e videoxogos.

Durante o evento, contaremos tamén co fantástico espectáculo do showman Xavi de Blas, o Linuxshow, e amenizarase a estancia con actividades e proxeccións audiovisuais variadas.

Para inscribirse, pódese consultar a seguinte web. O número de prazas é limitado, así que ¡date présa! Esperámosche alí:

http://iparty.aditel.org/

 
Fonte:
http://www.ubuntu-es.org/index.php?q=node/41270
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal