Como se sabe, en decembro de 2004 o Presidente Chávez asinou o Decreto 3390 para migrar os sistemas do Estado a Software Libre con estándares abertos, unha decisión trascendental e aplaudida a nivel mundial. O Laboratorio Nacional de Software Libre é un organismo dependente do MCT creado para coordinar a micración, o cal terá entre as súas funcións «identificar, evaluar e recomendar as distribucións e demais desenvolvementos en Software Libre baseados en Estándares Abertos», «evaluar o Software a ser adquirido, ou desenvolvido para o Estado venezolano» e «coordinar o desenvolvemento de aplicacións especializadas para a Administración Pública Nacional», segundo afirma o Plan Nacional de Migración publicado polo MCT o ano pasado e dispoñible na súa páxina web.
De alí a súa importancia estratéxica, en particular para transnacionais e empresas que desexan manter contratos de software co Estado venezolano. SOLVE denuncia que, no canto de articularse a creación do Laboratorio «mediante a articulación de redes sociais», como se afirma no mencionado Plan, máis ben estase acudindo a transnacionais con intereses comerciais propios para tomar decisións vitais no Estado venezolano, entre elas a compra e o uso de software. {mospagebreak}
O DECRETO 3390
O SOFTWARE LIBRE
O máis importante é que o código fonte (os planos ou a receita) das aplicacións libres pode ser obtido por calquera persoa, quen ademais pode facer a súa propia versión mellorada do software e redistribuila, creando ademais aplicacións máis seguras e robustas que os seus equivalentes propietarios, como Microsoft Windows e Microsoft Office.
A socialización do código fonte convértese así nun alicerce para a eliminación da pobreza e a masificación da informática entre a poboación. Ademais, xera empregos e fomenta o desenvolvemento endóxeno, xa que cooperativas e PYMEs venezolanas poden encargarse do desenvolvemento, mantemento, soporte e instalación de software libre con axuda de comunidades e grupos de usuarios nacionais e internacionais. Esta situación preocupou enormemente a moitas transnacionales, debido ás ameazas que o Software Libre supón para o seu modelo de negocios tradicional, baseado na venda de software sen código fonte, a prohibición de sacar copias e o gardar celosamente o coñecemento dentro da empresa. Isto contrasta co modelo do Software Libre, no que as aplicacións deben redistribuirse libremente xunto ao seu código fonte.
En Venezuela, o Software Libre é de particular interese logo de que, en decembro de 2002 e xaneiro de 2003, un paro político paralizase a PDVSA, a industria petroleira estatal. Moitos dos folguistas utilizaron software propietario controlado a distancia para manter o control da empresa e os seus sistemas automatizados, aínda sen estar nos seus postos de traballo, desatando unha guerra entre hackers que finalmente foi gañada polo goberno venezolano. Desde entón, foi unha preocupación do Estado o manter sistemas de software seguros, fiables e que poidan coñecerse a cabalidad, para evitar «sorpresas» como as que
houbo no paro petroleiro. E o software libre foi unha das respostas.
Fonte: rebelion.org
