Mancomún

Adobe liberará o SDK Flex

Adobe Systems Incorporated anuncia hoxe a súa intención de mover Flex baixo os termos da licenza Mozilla Public License (MPL).

Esta iniciativa permitirá aos desenvolvedores participar no crecemento do framework máis empregado para a construción de Aplicacións Ricas para a Internet (RIA).

Isto inclúe non só os fontes dos compoñentes Actionscript do Flex SDK, os cales xa estaban dispoñibles dende a versión 2, senón que inclúe o código fonte para os compiladores de Actionscript e MXML, o depurador de Actionscript e o núcleo de bibliotecas Actionscript do SDK xunto con toda a documentación asociada. O Flex SDK inclúe todos os compoñentes necesarios para crear aplicacións Flex que se poden executar en calquera navegador – baixo Mac OS X, Windows e GNU/Linux e agora tamén dende o escritorio empregando Apollo.

Adobe conta realizar toda a transición do proxecto a Open Source a finais de 2007 (código fonte dos compiladores, infraestrutura para as contribucións da comunidade, etc.).

Os desenvolvedores poden empregar o Flex SDK para desenvolver libremente e despregar aplicacións empregando o software propietario Adobe Flex Builder ou calquera outro IDE do seu gusto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal