Mancomún

Adobe pásase ao código aberto con BlazeDS

Adobe anunciou que vai liberar o código de fonte da súa tecnoloxía para conectar as súas RIA (Rich Internet Applications) a contornos de bases de datos, a través do novo produto de fonte aberta, BlazeDS.

Desta forma, as aplicacións de Adobe, Adobe Flex e Adobe AIR, están xa dispoñibles para os desenvolvedores xunto co protocolo de especificación Action Message Format (AMF) e baixo a Lesser Xeral Public License (LGPL v3),

 

BlazeDS, que se atopa xa dispoñible en versión de beta pública e na web de Adobe Labs, forma parte da suite de Adobe, LiveCycle Data Services Enterprise Suite, a cal prové de aplicacións de contornos de conectividade, deseñadas na plataforma Adobe Flex para desenvolver e despregar aplicacións RIA.

Adobe anunciou ademais, que para dar maior soporte ofrecerá un servizo por subscrición de Adobe LiveCycle Data Services, que tamén incorporará a tecnoloxía de fonte aberta.

As novas ferramentas ofreceranse ao cliente baixo subscrición anual, que incluirá actualizacións e parches, así como soporte e indemnización por erros. Adobe anunciará o prezo do servizo por subscrición unha vez que BlazeDS saia ao mercado baixo LGPL v3, o cal espérase para comezos do ano próximo

Fonte: Vnet.es  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal