Mancomún

Alternativa a SPSS: R-Project. Estudo de viabilidade como alternativa libre ao SPSS

Alternativa a SPSS: R-Project. Estudo de viabilidade como alternativa libre ao SPSS

http://www.mancomun.org/images/stories/osl-udc-es.pngA «Oficina de Software Libre» da Universidade da Coruña ten dispoñible na súa páxina web o artigo «Estudo da alternativa a SPSS: R-project«:

«Dentro das actuacións previstas para a OSL, está a coordinación do estudo de alternativas do paquete estatístico SPSS á solución libre R xunto cunha interface gráfica amigable para o usuario final.

Dentro das diferentes iniciativas neste marco de actuación, levamos a cabo as tarefas seguintes:

  • Estudo de viabilidade de R como alternativa libre de SPSS.
  • Avaliación das interfaces gráficas desenvolvidas para R.
  • Elaboración dos informes de avaliación de R e as diferentes interfaces gráficas de usuario dispoñibles.» 

Esta actuación deu como resultado o «informe de R-Project como alternativa para SPSS», estudo comparativo de R enfocado á análise das distintas interfaces gráficas dispoñíbeis en que se centra no seu nivel de madurez como nas prestacións que ofrecen actualmente…

 

O estudo está dispoñible baixo unha licenza Creative Commons  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal