A Asociación Informática de As Pontes, Amigus, organiza unha nova edición da amigus-party, co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, mancomun.org, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria, e Openor.
Estas son as indicacións que fan na súa páxina web para a asistencia ao evento:
«Para asistir á amigus-party nadal-2007 debes vir equipado co teu computador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalar o teu computador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:
- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.
Aparte disto, é recomendable traer:
- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).
Non está de máis que fagas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party nadal-2007, e que instales un antivirus.
Os horarios da amigus-party nadal-2007 son os seguintes:
A montaxe será o mercores 26 a partir das 20:30 no Lar
Abrimos o xoves as 10:00 do mediodía ata as 02:00 am do venres
O venres empezaremos as 10:00 da maña ata o sábado as 14:30 da tarde. Se a noite do venres vemos que fai falla pechar, abriríase de novo o sábado as 10 da maña.
O prazo de inscrición remata o 26 de decembro , a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario«
