Mancomún

Amigus pide o emprego dos estándares abertos no concello das Pontes

Amigus pide o emprego dos estándares abertos no concello das Pontes
AmigusAmigus, asociación informática das Pontes de García Rodríguez, presentou no rexistro do concello das Pontes unha reivindación a favor do emprego do Software Libre. Deste xeito Amigus súmase a unha iniciativa proposta por Agnix para promover o Software Libre e os estándares abertos nos 315 concellos de Galicia, deputacións, mancomunidades e outros entes da administración local.
 

As diferentes asociacións que apoian este documento fan un chamamento a todos aqueles que se identifiquen coas demandas do manifesto para que fagan chegar este documentos aos seus respectivos concellos a través do rexistro xeral dando instrucións de como facelo.  

 

Estes grupos consideran de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información. 

 

Demándase a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.

 

O manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá e toma como referencia diversos puntos do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal