O goberno de Andalucía, foi galardoado co premio ‘Libre.org’ a semana pasada, en que tamén tiveron o seu premio outras tres organizacións, nomeadamente a Generalitat Valenciana, o Concello de Zaragoza e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Andalucía recibiu o premio polo desenvolvemento de Guadalinex así como polo seu emprego cotián de software aberto e a súas recomendacións de software libre nas súas campañas para construír unha industria local en novas tecnoloxías.
A cerimonia do premio foi parte da «LibreMeeting 2007» que tivo lugar na residencia universitaria «La Cristalera», na cidade de Miraflores de la Sierra, a uns 50 quilómetros de Madrid.
O premio foi entregado por Richard Stallman, fundador da Free Software Foundation e autor principal da GNU General Public Licence, e Pablo Machón, presidente da Free Knowledge Foundation española.
Stallman e Machón tamén entregaron o premio de Free.org a Valencia, polo desenvolvemento de Lliurex GNU/Linux. O terceiro premio foi para o Concello de Zaragoza, unha cidade que está a incrementar o uso de software libre nas súas aplicacións municipais e está a promover este tipo de software.
O cuarto premio de Libre.org foi entregado ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio polo soporte aos desenvolvedores españois de Open Software.
Ligazón á noticia orixinal: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7143/469
