Mancomún

Anuncio dun teléfono móbil aberto baseado en Linux.

Trolltech, compañía desenvolvedora de ferramentas e aplicacións Linux para teléfonos e outros dispositivos móbiles presentará un móbil aberto baseado en Linux en setembro, co nome de «Greenphone».

O Greenphone é un móbil GSM/GPRS que permite aos usuarios modificar o firmware do teléfono, baseado en Linux, a través dun porto mini-USB. O teléfono non estará dispoñible para mercalo só, senón como parte dun kit de desenvolvemento. O kit ofrecerase baixo licenzas open source a desenvolvedores, institucións educativas, vendedores de software e a deseñadores e creadores de teléfonos.

Trolltech di que agarda que o Greenphone axude a medrar o ecosistema de aplicacións de terceiros ao redor da súa pila de aplicacións Linux Qtopia Phone Edition (QPE). Este ecosistema é «crítico para a satisfacción da crecente demanda dos clientes e para acurtar o ciclo de desenvolvemento e entrega,» segundo din eles.

A compañía dí que espera sorprenderse polo que os usuarios poidan chegar a desenvolver. Engaden que “O espírito de innovación foi clave no éxito do PC e Internet. Cremos que ten que aparecer a mesma dinámica no mercado móbil.»

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal