Mancomún

APICE loita contra a "fenda dixital" empregando Software Libre.

APICE, é a Asociación para a Promoción a través da Informática de Colectivos Excluídos. A súa finalidade é a integración de colectivos marxinados na sociedade facendo uso das novas tecnoloxías e do Software Libre, axudando deste xeito á redución da «fenda dixital».

O proxecto desenvólvese nos barrios e distritos madrileños de: Carabanchel, Usera e Moratalaz e Villa de Vallecas, na Cañada Real Galiana.

Os seus destinatarios son nenos e xoves de 9 a 18 anos para os que APICE pon en marcha o Proxecto I+I (Informática + Integración) cuxa finalidade é integrar na sociedade a este tipo de colectivos en situación de marxinación, exclusión social e inmigración mediante o desenvolvemento de programas educativos e profesionais empregando como ferramenta as novas tecnoloxías.

Pilares técnicos do proxecto

En primeiro lugar, o uso de Software Libre -en concreto LTSP (Linux Terminal Server Project) dá a posibilidade de que os equipos reciclados se comporten de xeito similar a equipos de última xeración.

Segundo Jesús Dominguez, responsable técnico “é posible achegar as T.I.C aos colectivos máis desfavorecidos dunha maneira sinxela e sen un gran desembolso gracias ao emprego do Software Libre, o cal consideramos como unha das mellores opcións para aqueles que máis problemas teñen para subirse ao carro das novas tecnoloxías, e ademais conséguese concienciar aos colectivos aos que nos diriximos a que usen o software libre, evitando que participen dos monopolios multinacionais e de pago de licenzas de programas abusivas que non se poderían permitir”. Con isto conséguese democratizar o uso das novas tecnoloxías.
O segundo pilar, a reutilización de ordenadores. Manéxase habitualmente a cifra de tres millóns de equipos desbotados anualmente só en España. Neste proxecto, acadouse a donación de ordenadores «vellos» que ían ser eliminados dunha importante entidade bancaria, axudando desta forma á conservación do medio ambiente.

O equipo técnico conta con colaboradores informáticos e persoal de formación implicados nas tarefas educativas. Trátase dun proxecto aberto á colaboración, se desexas información ou colaborar coma voluntario visita a súa páxina web.

Fonte:  CDT Internet
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal