Mancomún

Aplicación GPL para o inventariado hardware e software dunha rede.

A aplicación OCSng (Open Computer and Software Inventory Next Generation), publicada baixo licenza GNU [[GPL]], permite a automatización do inventariado de datos software e hardware dunha rede informática así como a súa actualización tamén de xeito automático. …

 
Esta aplicación mantén información de cada máquina conectada á rede, incluíndo información sobre procesadores, placas base, tarxetas de vídeo, tarxetas PCI, memoria así como a versión do S.O. instalado (GNU/Linux, Windows, MAC OS X, Solaris e Aix). Ademais pódese almacenar na base de datos do inventario outra información como a data de adquisición, a localización, usuarios autorizados, datos dos contratos de soporte … A interface de administración permite realizar procuras a partir de calquera parámetro hardware ou software do inventario.

Para o seu funcionamento cómpre instalar un axente OCSNG en cada unha das máquinas, de xeito que logo envíe información periódica á aplicación instalada no servidor central, xestionada a través dunha interface web. Cada vez que o axente detecta un cambio na configuración do equipo monitorizado envía os novos datos ao servidor central para que actualice o inventario. Tamén é posible levar o inventario de equipos non conectados á rede e mesmo detectar automaticamente (mediante o uso de nmap) novos equipos engadidos e aínda non inventariados. No seguinte artigo describen máis extensamente o funcionamento desta aplicación.

Fonte: Diariolinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal