Mancomún

As Ciberirmandades da Fala fan un chamamento para traducir phpBB3

As Ciberirmandades da Fala fan un chamamento para traducir phpBB3
CiberirmandadeAs Ciberirmandades da Fala fan un chamamento de axuda para a tradución de phpBB3. É especialmente apremiante nesta ocasión xa que está a piques de saír unha versión release candidate polo que se non remata axiña coa nova tradución phpBB3 non sairá en galego na versión definitiva.

A versión beta 5 xa está dispoñible. As Ciberirmandades contan ademais de con phpBB3, na versión da normativa Agal e da Real Academia Galega, con outros proxectos de tradución coma Joomla! 1.5 FrontEnd ou Anti Bot Question MOD (Admin) no seu TraduCiIF.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal