As comunidades de Software Libre aínda son moi pequenas e rudimentarias na maioría de países en vías de desenvolvemento respecto a Europa e EEUU, segundo o estudo «Desarrollo de software: diferencias regionales e interregionales en cuanto a desarrollo de Software Libre» realizado pola Universidad Rey Juan Carlos,
O estudo foi realizado polo grupo GsyC/LibreSoft e forma parte do proxecto europeo FLOSSWorld no que participaron once nacións coordinadas polo Instituto conxunto da Universidade das Naciones Unidas e a Universidad de Maastricht (MERIT). Asemade, foi financiado pola Comisión Europea…
Tras o estudo, sóubose que a infraestrutura para o desenvolvemento de software global non é proporcionada unicamente por países desenvolvidos, xa que se atoparon algúns proxectos de Software Libre de ámbito global en forxas (sitios web que facilitan o desenvolvemento de software) rexionais de países menos desenvolvidos.
Ademais, segundo o estudo «algúns proxectos rexionais en países en desenvolvemento publican novas versións dos seus produtos, pero non fan un uso extensivo de infraestrutura para o desenvolvemento ao estilo típico do Software Libre, con sistemas de control de versións públicos, roldas de correo e foros, dunha maneira colaborativa».
Asemade, o estudo conclúe que «as comunidades locais dos países en vías de desenvolvemento analizadas están normalmente orientadas ao desenvolvemento de proxectos locais, con pouca participación de desenvolvedores estranxeiros».
Fonte:
http://www.laflecha.net
Máis información:
http://www.urjc.es
