Mancomún

As licenzas Creative Commons entran en Debian

As licenzas Creative Commons entran en Debian

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png O día 2 de xullo, [[Debian]] aceptou por primeira vez un paquete con licenza Creative Commons nos seus repositorios oficiais. O software admitido é un pequeno xogo chamado «whichwayisup«. O xogo está escrito en python e pygame e trátase dun sinxelo xogo de plataformas 2D no que os cambios de orientación, tanto vertical como horizontal desafían ao xogador a medida que avanzas no xogo.

Pero o máis importante deste xogo reside na súa licenza. Whichwayisup é o primeiro paquete en Debian que ten unha licenza Creative Commons 3.0 Attribution license, en concreto, a música e os gráficos que acompañan ao xogo, e isto está creando unha grande polémica en Debian, xa que sempre se distinguiu por só ofrecer software que cumpre as chamadas directrices de Software Libre de Debian

 

Pódese ler máis sobre esta polémica en Debian na seguinte ligazón:
http://lists.debian.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal