Mancomún
OpenVista é unha solución aberta, confiable e completa de Sistemas de Información Hospitalaria  (HIS) a cal mellora a seguridade dos pacientes e aumenta a eficiencia operacional e proporciona unha oportunidade para mellorar a calidade da atención ao paciente. Está dispoñible para varias plataformas e idiomas.

Esta tecnoloxía xa foi aplicada con éxito, entre outros, a  Hospitais de Veteranos en Estados Unidos. A empresa desenvolvedora é Medsphere, outra máis que cree no modelo de traballo do Software Libre.

OpenVista está composto por tres compoñentes:

  • Sistema de Información Clínico OpenVista (CEI) v0.9.1
  • OpenVista Server v1.0
  • E datos de mostra de Medsphere (incluído co servidor de prensa)

 

Descarga: Sf.net

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngSó para Firefox 3 Beta: Un dos grandes problemas que se atopa a xente á hora de probar o Firefox 3 Beta é que a maioría dos complementos de Firefox non foron actualizados polos seus desenvolvedores para que funcionen nesta versión Beta. De todas maneiras hai unha forma de facer que a maioría delas funcionen (OLLO, ESTES CAMBIOS PODEN PROVOCAR UN COMPORTAMENTO INESPERADO EN FIREFOX, ÚSAOS BAIXO O TEU PROPIO RISCO).
Para todos aqueles usuarios interesados, dicir que se instalamos o paquete de idioma galego de Firefox 2 e activamos estas opcións, o Firefox 3 Beta non arrancará, polo que polo de agora, desaconsellamos totalmente a instalación do paquete de idioma no Firefox 3 Beta.
O que si funciona correctamente é o corrector ortográfico de galego para Firefox 2
 

As instrucións son as seguintes:

  • Escribe «about:config» na barra de enderezos de Firefox e preme no botón «Terei coidado, prometoo».
  • Preme co botón dereito do rato en calquera sitio e elixe «Novo->Lóxico». Fai que o nome deste novo valor sexa «extensions.checkCompatibility» e ponlle por valor «falso».
  • Fai outra novo valor lóxico, desta vez chamado «extensions.checkUpdateSecurity» e tamén establece o valor a «falso».
  • Reiniciar Firefox.

Se todo vai ben, as extensións que oficialmente non están actualizadas para Firefox 3 Beta, pasarán a estar habilitadas.

Para estar informado das últimas versións do paquete de idioma das aplicacións de Mozilla, visita a páxina de coordinación ao galego destas traducións en: http://galician.mozdev.org.

Máis información en:
http://lifehacker.com

http://www.mancomun.org/images/stories/drupal.png Despois dun ano de traballo, os desenvolvedores de Drupal liberaron a versión 6.0. Grazas ao traballo da comunidade de Drupal, nesta nova versión resolvéronse cerca de 1.600 incidencias. Estes cambios son a nivel de melloras de usabilidade, seguridade, mantemento, facilidade de instalación e un contorno de desenvolvemento con máis funcionalidade.

Un exemplo de sitios web importantes que executan Drupal son: Warner Brothers Records, SpreadFireFox.com, SonyBMG, Forbes, Universidade de Harvard e máis

O anuncio oficial desta versión pódelo atopar na seguinte ligazón: http://drupal.org/drupal-6.0. Nesta ligazón podes atopar información detallada sobre as novas características de Drupal 6.
 
A ligazón para descargar esta nova versión é a seguinte: Descarga de Drupal 6.

http://www.mancomun.org/images/stories/openstreetmap.pngOpenStreetMap, abreviado moitas veces polas súas siglas (OSM) é un proxecto dirixido expresamente a crear e ofrecer datos xeográficos libres, tales como rueiros, a calquera que os desexe. O proxecto comezou debido a que moitos mapas que se cree que son libres, teñen en realidade restricións legais ou técnicas para o seu uso.

En Zaragoza, durante os días 22, 23 e 24 de febreiro reunirase xente de toda España para celebrar o primeiro aniversario de OpenStreetMap en España, e aproveitarán para completar os ocos existentes no mapa da cidade. Desa maneira e de forma colectiva tentarase cartografar o resto da cidade. Unha sesión de «mapping» consiste en recorrer (a pé, en bicicleta, ou en coche, …) unha zona previamente acordada da cidade con axuda de dispositivos GPS. Posteriormente reúnese a xente e edita os datos recollidos para crear un mapa libre da cidade…

 

Ademais, aproveitarase o evento para realizar actos complementarios como talleres de iniciación e unha mesa redonda.

O material que se necesita para este evento é:

  • GPS: recomendado, pero non esencial, seguro que hai xente disposta a prestarche algún, ou sempre se pode acompañar a alguén que si dispoña dun.
  • Cámara/Móbil/PDA/Grabadora de son/Libreta e lapis: útil para tomar notas.
  • Portátil: útil para cartografar. Sen embargo, haberá PC nas salas de reunión.
Hai máis información sobre o evento na súa páxina oficial, ademais dun calendario e horario de actividades:
http://pulsar.unizar.es/osm/?q=node/2

Durante o 27 de febreiro, na facultade de matemáticas da Universidade de Barcelona, celebrarase a «Jornades de Software Lliure 2008«.

Durante as mesmas daranse relatorios sobre o modelo de negocio de Software Libre para as empresas TIC, a GPLv3, a programación libre no mundo empresarial, etc…

O programa completo pódese ver na seguinte ligazón:  Programa » Jornades de Software Lliure 2008″

Máis información en:
http://jsll0708etis.wordpress.com/

Webmin é unha interface web para administrar e configurar un sistema [[Unix]] usando calquera navegador que soporte táboas e formularios (e [[Java]] para o modulo de administración de arquivos). Webmin consta dun simple servidor web e unha infinidade de scripts en [[Perl]]5 e non usa módulos externos. Soporta multitude de sistemas GNU/Linux e Unix e ten licenza [[BSD]].

Con Webmin pódese configurar entre outras cousas:

  • Contas de usuarios
  • O servidor [[Apache]]
  • Servidor [[DNS]]
  • ….

 

Fonte: Fentlinux.com  

http://www.mancomun.org/images/stories/vbox_logo2_gradient.pngSun Microsystems acaba de firmar un acordo de compra da compañía alemá Innotek GmbH , desenvolvedora do software GPL de virtualización VirtualBox, só un día despois de que a compañía publicase a versión beta de VirtualBox para OpenSolaris.

Sun comentou sobre a compra que VirtualBox tivo máis de 4 millóns de descargas desde que se fixo público en xaneiro de 2007, converténdoa nunha das principais opcións de virtualización do mercado e estaba interesado na compra para unha futura suite de virtualización para os seus clientes. Sun está pensando en usar VirtualBox para «expandir o seu software de virtualización Sun xVM…

xa que complementa perfectamente á súa plataforma.»

Esta compra sae á luz tan só un mes despois da compra de MySQL tamén por parte de Sun.

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpgA Asociación de Usuarios de Software Libre da Universidade Politécnica de Valencia (PoLinuX) anuncia o II encontro de desenvolvedores de KDE e Gnome (GUADEMY) que se celebrará en Valencia durante os días 25,26 e 27 de abril.

Nesta segunda edición, contan coa colaboración, entre outros, de GPUL (grupo de programadores e usuarios de Linux de Galicia), que anteriormente organizaran a primeira GUADEMY con sede na Facultade de Informática da Coruña.

O obxectivo deste encontro e establecer con maior rigor os criterios de desenvolvemento dos escritorios e consolidar as iniciativas de colaboración, para o cal invitan a participar a toda a comunidade de desenvolvedores…

A GUADEMY 2008 celébrase cun enfoque práctico, con grupos de traballo e foros de debate que permitan definir as bases para un traballo conxunto e tomar decisións concretas sobre a converxencia de ambos desenvolvementos.

Para calquera consulta ou dúbida sobre a GUADEMY 2008 hai dispoñible unha lista de correo da organización do evento e un enderezo de correo electrónico de contacto que podes atopar na fonte orixinal da nova en:
http://2008.guademy.org/

Task Coach é un organizador persoal de tarefas deseñado para crear, editar, e eliminar tarefas e subtarefas da forma máis sinxela posible, feito con [[python]] e baixo [[GPL]] v2. Cada vez que se engade unha tarefa, o programa pide un título (asunto), unha descrición, un número de prioridade, a data de inicio, a data prevista e a data de finalización. Así mesmo permite opcionalmente programar un recordatorio para esa tarefa, segundo as necesidades.

As tarefas poden ser visualizadas como unha lista ou en forma de árbore. O programa soporta varios filtros como por exemplo, esconder as tarefas completadas, ou ver só tarefas sen facer. Outra  funcionalidade interesante é a posibilidade de crear as tarefas arrastrando un correo electrónico desde [[Outlook]] ou [[Thunderbird]] sobre o visor de tarefas. Tamén é posible anexar adxuntos arrastrando e soltando arquivos desde estes dous clientes sobre o apartado «Anexos».

 

As tarefas, notas, esforzos e categorías poden ser exportados a formato HTML e CSV, e impresos de acordo á vista actual, incluíndo filtros e orde de selección,
 
Fonte: Abcdatos.com  
Hedgewars é un clon libre da saga [[Worms]]. En Hedgewars os combatintes son ourizos, e como é usual neste tipo de xogos, o usuario ten á túa disposición un completo arsenal para devastar aos equipos rivais. Recentemente foi publicada a versión 0.9.2.

O xogo está desenvolvido en [[Pascal]] e para os menús de configuración emprega as bibliotecas [[QT]]. É un xogo con bastante rodaxe, posto que xa leva moito tempo dispoñible, para a súa descarga e uso. Algunhas das súas características son a xeración automática de mapas, multixogador por Internet,  e intelixencia artificial nos equipos controlados pola máquina con bastante puntería.

 

Fonte: Linuxjuegos.com  

Descarga: Hedgewars.org

O Concello da Coruña vai celebrar cinco talleres enmarcados no Plan Xeral de Normalización Lingüistica co fin de «fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías e na telefonía móbil», como establece o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento autonómico o 22 de setembro do 2004.

A concelleira de Normalización Lingüística, Ermidas Valencia, explicou que con esta iniciativa, a corporación pretende «difundir, incentivar e promover o uso do idioma galego nun sector no que a eficacia é fundamental para o desenvolvemento da linguaxe». Para iso, a concellaría organiza cinco cursos en distintas asociacións da cidade dos que poderán beneficiarse ata cen persoas, que se centrarán na identificación do software libre en galego…

Os interesados en apuntarse deberán acudir ás asociacións nas que se darán os cursos, que son a de Bens-Mazaído-Comeanda, a partir do mércores 13 de 19 a 21 horas (o prazo xa está aberto); a de Agra do Orzán, a partir do día 14 de 16 a 18; a de Oza-Gaiteira-Os Castros, desde o venres 15 e de 16 a 18 horas; e a de Monte Alto, ese mesmo día de 19 a 21. Así mesmo, na Asociación de Mulleres pola Igualdade, o taller empezará o xoves da próxima semana e impartirase desde as sete ata as nove da noite.
 
Máis información na fonte orixinal en:
http://www.lavozdegalicia.es

http://www.mancomun.org/images/stories/redhat.pngUn importante hospital de Boston (Beth Israel Deaconess Medical Center, BIDMC), en EE.UU., migrou os seus sistemas a solucións de Red Hat (Red Hat Enterprise Linux, Red Hat Global File System, Red Hat Cluster Suite e Red Hat Network), incluíndo aqueles onde se executan aplicacións críticas, para mellorar a fiabilidade  e dispoñibilidade dos sistemas, a atencións aos pacientes, mellor recuperación ante desastres e un importante aforro de custes.

A división de sistemas informáticos do hospital, que mantén un datacenter con 146 aplicacións críticas para o funcionamento do hospital, decidiu substituír o sistema operativo propietario en 2005 cunha solucións máis segura, fiable que puidera aforrar custos ao hospital. O departamento técnico tamén buscaba un sistema de recuperación para desastres que puidera mellorar o rendemento é a dispoñibilidade…

 

O equipo de seguridade interna do hospital xa estaba executando Red Hat Enterprise Linux nos seus servidores durante 3 anos e tiñan unha ampla experiencia coas solucións de Red Hat doutro hospital previo.

Despois de expoñer graficamente os beneficios da migración a Red Hat, o hospital decidiuse a migrar os sistemas.

Red Hat Enterprise Linux execútase agora en 40 servidores do hospital, 11 dos cales están instalados nun cluster con Red Hat Enterprise Linux que tamén integra as aplicacións propietarias máis críticas do hospital, aquelas que son máis importantes para os pacientes. O hospital conta agora coa solución Red Hat Global File System e Cluster Suite para a xestión ante desastres.

 

Máis información na fonte orixinal da nova (en inglés):
http://www.centredaily.com/business/technology/story/393977.html

Sun Microsystems anunciou a apertura do código da súa tecnoloxía Sun SPOT (siglas en inglés de Tecnoloxía de Pequeno Obxecto Programable), un proxecto de investigación desenvolvido por Sun Microsystems Laboratories. A versión de código aberto da plataforma Sun SPOT, baseada en tecnoloxía Java, incluirá hardware, software e a máquina virtual Squawk.

Así mesmo, Sun anunciou un especial foco no sector educativo co software Sun SPOT Java Development Kit (JDK) proporcionando á comunidade Sun SPOT novas oportunidades para a innovación e a creación de aplicacións embebidas e sensores sen cables baseados en Java.

 

Fonte: Laflecha.net  

O congreso eGovernment Days, que se celebra entre os días 11 e 13 de febreiro en Brdo (Eslovenia), é un evento organizado pola Unión Europea para definir as bases que orientarán as súas políticas públicas en materia de goberno electrónico nos próximos anos. Con este obxectivo convida ás personas responsabeis dos proxectos e organizacións públicas do ámbito internacional que acadaron unha maior relevancia polo acerto e a eficacia das súas actuacións en liña co Marco Europeo de Interoperabilidade  promovido pola axencia IDABC da Comisión Europea.

Entre os proxectos gubernamentais que se presentarán neste evento atópase o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria. A Unión Europea  recoñece deste modo o liderazgo de Galiza polo seu modelo de promoción do software libre e dos estándares abertos.

Do 18 ao 22 de febreiro celebrarase unha semana de conferencias para desenvolvedores dentro da comunidade Ubuntu.

Todas as conferencias serán online e nelas trataranse temas como:

  • Diferentes técnicas de empaquetado de software
  • Coñecer os distintos grupos de desenvolvemento
  • Comprobar os esforzos da comunidade mundial de desenvolvedores
  • e moito máis…

A táboa cos horarios das conferencias pódese ver a continuación:

 

Luns
18 Feb

Martes
19 Feb

Mércores
20 Feb

Xoves
21 Feb

Venres
22 Feb

16.00 UTC

Patching Packages (Martin Pitt)

MOTU Processes (Daniel Holbach)

MOTU Processes (Daniel Holbach)

Firefox 3 Extension Packaging (Alexander Sack)

Patching Packages (Martin Pitt)

17.00 UTC

Launchpad PPAs (Celso Providelo, Matthew Revell)

Virtualisation (Søren Hansen)

Hosting Code With Launchpad (Tim Penhey)

Writing Scripts For Automated Desktop Testing (Lars Wirzenius)

Launchpad PPAs (Celso Providelo, Matthew Revell)

18.00 UTC

Packaging 101 (Daniel Holbach)

Kubuntu (Jussi Kekkonen)

First Steps On Contributing (MOTU/TODO & MOTU/TODO/Bugs) (Nicolas Valcárcel)

Bughelper – Making Bug Work Easier (Brian Murray & Markus Korn)

MOTU Q&A Session (Daniel Holbach)

19.00 UTC

MOTU School – Working With Debian (James Westby)

Ubuntu Derivatives Team (Luis de Bethencourt Guimerá)

Desktop Packaging Session (Sébastien Bacher)

Bug Triage (Pedro Villavicencio)

Library Packaging – Part 1 (Stefan Potyra)

20.00 UTC

Introduction To The ServerTeam (Mathias Gug)

Debdiffs And How To Get Them Submitted (Daniel Holbach)

SRU/Security Updates (Luca Falavigna, William Grant)

Debdiffs And How To Get Them Submitted (Daniel Holbach)

Library Packaging – Part 2 (Stefan Potyra)

Tamén podes ver o calendario de eventos con Google Calendar, dispoñible en formatos HTML e ICAL.

Fonte da nova:
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuDeveloperWeek

O CENATIC, en coordinación coa Coordinadora de ONG para el Desarrollo, presentará a ferramenta GONG a todas aquelas ONG que estean interesadas en coñecela.

No mesmo acto tamén se presentará o proxecto de creación dun Centro de Coñecemento Compartido (C3) a través do cal empresas TIC, ONG e doantes poden aliñar os seus esforzos sobre unha ferramenta que aporta solucións aos problemas comúns de xestión do terceiro sector.

A reunión terá lugar o próximo 13 de febreiro, ás 11.30h….


na 6ª planta da sede de Red.es (Edificio Bronce, Praza Manuel Gómez S/n).

Para asistir, ver a información na fonte orixinal da nova:
http://www.cenatic.es/proyectos/blogs/index.php?bl

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal