Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/ii_concurso_universitario.pngA fase final do II Concurso Universitario de Software Libre celebrarase os días 8 e 9 de maio de 2008 na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla, ubicada no campus de Reina Mercedes.

Esta fase final consistirá nun ciclo de conferencias e talleres sobre Software Libre cun especial protagonismo dos responsables dos proxectos finalistas desta edición. Os participantes realizarán unha presentación sobre os obxectivos, motivacións, experiencias e curiosidades que lle proporcionou o desenvolvemento do seu proxecto…

Ao final das xornadas, faranse públicos os proxectos gañadores e procedarase á entrega dos premios.

 

2º Concurso Universitario de Software Libre:
http://www.concursosoftwarelibre.org/node/137

A «British Educational and Tecnology Agency» (BECTA), axencia gobernamental encargada do desenvolvemento informático e tecnolóxico no sistema educativo británico, advirte nun novo informe que as escolas británicas non deben actualizar o seu software nin a Vista nin a Office 2007.

Segundo o informe, a actualización a Vista nas escolas de Gran Bretaña, custaría ao redor de 350 millóns de dólares, dos cales dúas terceiras partes irían ás arcas de Microsoft e o resto á instalación, probas e actualizacións de hardware.

En canto a Office 2007 máis do mesmo. A axencia «non encontra argumento convincente algún para o seu despregue», como xa ocorrera no seu informe preliminar de xaneiro de 2007.

Neste mesmo informe, o organismo xa indicou que as escolas primarias podería aforrar o 50% dos gastos en ICT usando Sofware Libre

Agora de novo pide que «os profesores, pais e alumnos sexan conscientes da existencia de alternativas libres aos produtos de Microsoft» e solicita apoio á industria de TI coa fin de facilitar o uso de aplicacións de código aberto, así como software ofimático que por defecto poida abrir e gardar documentos ODF.
 
Fonte completa da nova:
http://www.theinquirer.es
Informe completo en .pdf:
http://publications.becta.org.uk
 
A empresa 3.14 Financial Contents , con sede en Ferrol, envíanos unha oferta de emprego para un programador software con experiencia en contornos Linux/Unix. Ademais, requírense coñecementos de programación en Python, C++ ou Java a nivel avanzado, entre outras cousas.
A oferta de emprego será enviada en breve á lista de ofertas de emprego de Mancomun.org.
Os requisitos completos da oferta de emprego pódense ver premendo en «Ler máis»…

Descrición

Posto vacante:

Programador software con experiencia en contornos Linux / Unix

Categoría:

Informática e telecomunicacións

Subcategoría:

Programación

Número de vacantes:

1

Descrición de la oferta:

Programación informática en proxectos de investigación e consultoría.
Titulación: Enxeñeiro Informático ou de Telecomunicacións Superior o Técnico

Requisitos

Estudios mínimos:

Enxeñeiro Técnico

Experiencia mínima:

A lo menos 2 años

Requisitos mínimos:

Experiencia de a lo menos 2 años en programación informática en contornos UnixLinux.
Coñecementos de programación en Python, C++, o Java a nivel avanzado.
Enxeñeiro Informático o de Telecomunicacións Superior o Técnico con experiencia.

Requisitos desexados:

Coñecementos de xestión de proxectos e xestión de equipos.
Coñecementos de administración de Bases de Datos.
Coñecementos de estadística.
Destreza algorítmica.
Nivel cultural alto.
Coñecemento de linguas estranxeiras (non é necesario saber español).

Contrato

Tipo de contrato:

Indefinido

Xornada laboral:

Completa

Horario:

8:30-14:00 15:30-18:00 Venres tarde libre

Salario

Salario:

18.000 € – 24.000 € Bruto/año

INFORMACIÓN DE CONTACTO:

Preferentemente por e-mail en:  info @ 3.14financial.com

Telefonicamente no 981 94 87 78

http://www.mancomun.org/images/stories/postgresql.pngA última versión deste motor de xestión de bases de datos acaba de aparecer, e chega con moitas novidades que o sitúan como unha alternativa moi válida respecto a MySQL, Oracle ou Microsoft.

Unha das melloras máis importantes é a integración da tecnoloxía HOT (Heap Organized Tuples), que mellora de forma crítica o rendemento das bases de datos que se actualizan cunha frecuencia moi alta. Outras novidades afectan á inclusión dos chamados «commits» asíncronos, soporte SQL/XML, procuras de texto nas base de datos ou a posibilidade de realizar escaneos simultáneos en grandes bases de datos.

«A evolución continua do xestor de datos de código aberto PostgreSQL dálles aos usuarios a opción de instalar unha base de datos non privativa, permitíndolles aforrar diñeiro, mellorar o rendemento e incrementar a produtividade. PostgreSQL 8.3 é unha versión impresionante e alentamos aos clientes de todo o mundo a que o exploren», di Rich Green, vicepresidente executivo de software de Sun Microsystems.

Fonte: Nota de prensa 

CLEO (Compact Library Extension Organizer) é unha extensión de Firefox que permite empaquetar todos os teus complementos e temas de Firefox nun só ficheiro .xpi, desta maneira evitamos ter que buscar e reinstalar todos os complementos un a un para instalalos nun segundo computador.

CLEO funciona conxuntamente con FEBE (Firefox Environment Extension Backup),para permitir facer copias de seguridade dos complementos. Unha vez instalados os dous complementos, só queda reiniciar Firefox e seleccionar no menú Ferramentas -> FEBE -> Cleo -> Opcións, e elixir onde queres gardar o paquete comprimido con todos os complementos…

Dentro das opcións de CLEO tamén podes personalizar a maneira na que se crea a copia de seguridade entre outras opcións.

Poder ler toda a información na fonte orixinal da nova:
http://www.linux.com

A compañía fundada por Philips, a holandesa NXP, vén de anunciar o lanzamento de Purple Magic, o primeiro dispositivo 3G que baixa da barreira dos 100 dólares. Gobernado por un sistema GNU/Linux reproduce música e vídeo e será a gama de entrada aos teléfonos intelixentes no sudeste de Asia, Europa do Leste e América Latina, segundo anuncia a compañía.

O dispositivo está baseado no NXP Nexperia 7210 con soporte real UMTS, cobertura do servizo nas redes 2G/3G e características multimedia avanzadas nunha plataforma integrada con procesador ARM926. O vicepresidente Dan Rabinovitsj, indicou que â??…GNU/Linux é a base para a próxima xeración de teléfonos móbiles…â?.

Segundo palabras da empresa Magic Purple será, no terreo do móbil GNU/Linux, o celular 3G de referencia para o mercado masivo. O Magic Purple será presentado no Mobile World Congress, a maior cita mundial do sector da telefonía móbil que se celebrará en Barcelona do 11 ao 14 de febreiro.

Fonte:  The Inquirer

http://www.mancomun.org/images/stories/php.gifPHP4 xa ten sete anos desde que se liberou e PHP5 xa case chega aos 3; pero a pesar diso moitos hostings aínda non agregaron soporte para PHP5 por temor a que as aplicacións dos seus clientes non funcionen. De acordo con Nexen.net o 80% dos hostings continúan usando PHP4 nos seus servidores.

Por iso naceu a iniciativa GoPHP5.org, iniciativa para que os proxectos baseados en PHP abandonen o soporte a PHP4 e migren a PHP5, aproveitando as súas vantaxes, así como comprometer ás empresas de hosting para que tamén eliminen PHP4 dos seus servidores…

A meta é chegar a mañá, 5 de febreiro, co mínimo soporte para PHP4…

Proxectos como Drupal 7, phpMyAdmin, Moodle e moitos máis xa se comprometeron coa iniciativa, e outros como MediaWiki desde fai tempo só corren con PHP5.

 

Máis información na fonte orixinal da nova http://javieraroche.com e na páxina de GoPHP5.org.

Os TI (técnicos en tecnoloxías da información e da comunicación) especializados en Software Libre gañan máis diñeiro que a media nacional de informáticos, segundo os resultados do primeiro censo de Software Libre en Australia.

A media de salario da industria do Software Libre en Australia está entre os 76.000$ e os 100.000$, pero o 10% dos empregados traballando a tempo completo só con Software Libre gañan «bastante máis» segundo a consultora que dirixe o estudo.

Se comparamos o salario co salario medio obtido da enquisa, os traballadores en Software Libre gañan ata 3 veces máis que a media nacional…

Uns primeiros datos do estudo foron expostos o venres na Linux.conf.au, onde a consultora responsable do mesmo comentaba que o 57% dos entrevistados o fai por hobby, o 24% traballa algunhas horas da súa xornada laboral en Software Libre e só o 10% traballa exclusivamente con Software Libre.

Segundo a consultora, a mostra de estudo foi maior ao 5% do total da industria do Software Libre, facendo que os resultados da enquisa poidan ser extrapolables ao total da industria. Ademais suxire que «os traballadores especializados en Software Libre parecen ter mellores habilidades e optan a conseguir mellores traballos».

 

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.itnews.com.au

O concello de Rianxo organiza hoxe un taller práctico de instalación de sistemas operativos Linux, seguido dunha demostración tamén práctica das principais aplicacións en Software Libre.
O taller terá lugar das 11.00 da mañá até as 13.00 horas na Aula de Informática. Non son necesarios grandes coñecementos de informática para acudir. Cada asistente disporá dun computador para realizar as actividades do taller…

As prazas son limitadas e para inscribirse podes usar o seguinte número de teléfono, 981 86 66 63 / 63 81 ou o enderezo de correo electrónico.

Máis información no cartel do taller:
http://portelo.rianxo.com/img/cEventos/31_tallerlinux0208.png

Un centro de investigación en xerontoloxía da república de Eslovenia está usando Software Libre para a recolección e verificación de información, manter aos seus investigadores e persoal informados constantemente e para a súa web.

O centro usa unha versión personalizada de software MediaWiki. O proxecto ten como obxectivo mellorar o servizo que ofrecen mellorando o acceso á información.

Este foi un dos primeiros proxectos levados a cabo polo centro de Software Libre de Eslovenia (COKS) creado en setembro do pasado ano…

O centro foi creado polo ministro de educación, ciencia e tecnoloxía e prové un punto central de información e contacto para software e servizos en Software Libre. Segundo o seu coordinador, reciben moitas consultas de departamentos técnicos da administración pública para que os axuden a migrar a Software Libre ou a elixir entre unha ou outra aplicación en Software Libre.

Actualmente o centro dirixe un estudo sobre o uso de Software Libre na administración pública en Eslovenia. Espérase que os resultados estean dispoñibles durante este mes de febreiro. Outro estudo sobre o uso do Software Libre no ámbito privado estará dispoñible no mes de marzo.

 

Fonte:
http://ec.europa.eu

A consultora Gartner elaborou unha serie de predicións sobre o futuro a medio prazo de certas variables tecnolóxicas, como a que afecta ao mundo do Código Aberto.
No devandito estudo estímase que en 2012, 4 de cada 5 programas comerciais conterán código aberto. O avance dos ultraportátiles de baixo custo tamén é prometedor. En 2012 Gartner prevé que o 50% dos traballadores que viaxan dun lado para outro pasarán dos seus portátiles tradicionais e utilizarán dispositivos do tipo ASUS Eee PC.

 

Fonte: Gartner 

           Theinquirer.es
 

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.pngO Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, GALPon, vai impartir varios cursos sobre GNU/Linux na área de novas tecnoloxías:

  • Dous cursiños de igual contido (un repetición do outro)
«Introdución a GNU/Linux»

Semana do 11 ao 15 de febreiro
Semana do 10 ao 14 de marzo
«Iniciación a OpenOffice.org»

Semana do 25 ao 29 de febreiro
Semana do 31 de marzo ao 4 de abril
  • Horario (probable, aínda sen concretar) luns a venres de 8.00 a 10.00 (PM)
  • Duración de cada clase: 2 horas
  • Duración total de cada cursiño: 10 horas
  • Estes cursiños serán impartidos por Miguel Anxo Bouzada

Ademais, vemos na web da Caixanova que tamén se van impartir outros cursos relativos a retoque dixital con Gimp…

 

Os cursos de Gimp son os seguintes:

  • Iniciación ao Retoque Dixital (GIMP): do 18 ao 22 de febreiro en horario de 20.00 a 22.00 horas en Vigo.
  • Iniciación ao Retoque Dixital (GIMP): do 18 ao 22 de febreiro e do 31 de marzo ao 4 de abril en Pontevedra.
  • Iniciación ao Retoque Dixital (GIMP): tres seminarios do 25 ao 29 de febreiro, do 10 ao 14 de marzo e do 31 de marzo ao 4 de abril en Ourense.

 

Todos estes eventos foron engadidos á «Axenda de eventos de Mancomun.org«.

 

Fontes da nova e máis información:

http://www.galpon.org/

http://www.centrosocialcaixanova.com/

O Open Source Business Award selecciona Openbravo en segundo lugar durante a conferencia Open Source Meets Business de Nuremberg. Recordar que se pode descargar xa traducido, na nova versión do DVD da Peme de Mancomun.org.

A Open Source Business Foundation, unha fundación europea do ámbito do Software Libre con sede en Nuremberg, presenta anualmente os Open Source Business Award aos emprendedores con ideas innovadoras e prometedores plans de negocio. Un experto xurado composto por importantes investidores e recoñecidos profesores do LBCN, revisa en profundidade as candidaturas.

O premio ten como obxectivo atopar aos mellores emprendedores con ideas frescas no ámbito do Software Libre, que se poidan aplicar aos negocios, revolucionar os mercados e crear novos estándares. Este premio, o maior en canto a importe monetario para plans de negocio, distribúe 75.000 € entre as 3 primeiras empresas escollidas.

Openbravo foi seleccionada e presentada no Open Source Meets Business Conference polas súas solucións ERP e POS líderes no mercado. Openbravo ERP é o líder dos proxectos en Software Libre con preto de 500.000 descargas en SourceForge, o máis importante repositorio de proxectos en Software Libre do mundo.

Openbravo recibiu gran número de premios en Europa e en América incluíndo o ‘Rede Herring 100 Europe 2007’, o ‘LinuxWorld Product Excellence Awards’ na categoría «Mellor Solución de Integración» no LinuxWorld Conference

http://www.mancomun.org/images/stories/mozilla_foundation_logo.pngUnha das características máis valoradas dos programas da fundación Mozilla e en especial do navegador Firefox, é o seu alto grao de personalización e ampliacións con milleiros de complementos, a base de extensións, temas ou plugins que están dispoñibles. Hoxe, venres 1 de febreiro, desde os blogues da compañía anuncian cifras de vertixe que confirman a grande aceptación destes pequenos programas.

Segundo a información máis de 600 millóns de complementos (temas e extensións) foron descargados, todo isto sen contar as actualizacións das mesmas, con un ritmo diario entre 800.000 e un millón de descargas…

Con 4.000 extensións dispoñibles o sitio de descarga ten 4,5 millóns de visitas diarias, o que da unha idea da súa aceptación e interese e que acompaña ao número de descargas do propio Firefox que non para de medrar.

http://www.mancomun.org/images/stories/descargas_addons.png

Sobre os complementos descargados polos distintos programas, a versión 2 do navegador Firefox loxicamente acapara o 93% das mesmas, con un 1% para as versións Alpha e Beta da versión 3.0 e un 4% para o cliente de correo Thunderbird.

 

Páxina dos complementos de Mozilla por aplicación:

Complementos en galego para produtos Mozilla:

 

 

Fonte:
http://www.theinquirer.es

SQL Power é unha empresa canadiense, partner de Pentaho, que traballa en tecnoloxías Business Intelligence e Data Warehouse e que está a orientar o seu modelo de negocio cara o Código Aberto. De feito, recentemente liberaron, algunhas das súas ferramentas máis destacadas, as que permiten (coa axuda de potentes editores gráficos), realizar Data Cleansing, Modeling e Profiling.

As ferramentas son:

» Power MatchMaker Data Cleansing Tool

As ferramentas de Data Cleansing, permítenos limpar, validar e corrixir datos das nosas fontes de orixe durante o proceso de incorporación e creación a un DW. Tradicionalmente estes procesos eran manuais e difíciles de replicar e manexar. Con interfaces gráficos isto simplifícase. Tamén é útil para corrixir direccións erróneas, eliminar duplicados, copias de datos antes das correccións, etc…

» Power Architect Data Modeling Tool

Con esta ferramenta facilítase moito o traballo aos arquitectos de Data Warehouse, permítenos modelizar todos os nosos esquemas, facer enxeñería inversa, xerar automaticamente metadatos dos ETL, etc… Unha funcionalidade interesante é a de crear instantáneas (snapshots) das estruturas da Base de Datos, o que permite ir facendo o deseño e o modelado do DataWarehouse estando fora de liña.

Fonte: Todo BI

Telefónica que o pasado mes de xullo inaugurou o Open Movil Forum, onde xa hai rexistrados uns 300 desenvolvedores, comezou a liberar progresivamente as API das súas aplicacións.

Por exemplo temos dispoñibles as API de alertas de SMS, a «Copiagenda » ou outras dedicadas ao almacenamento de mensaxes. Estas aplicacións que eran hasta o de agora exclusivas para clientes de Telefónica, pasan a ser distribuídas con licenza Apache 2.0.

Ademais, xa hai máis de 20 proxectos desenvolvidos con estas API, como un sistema de axuda aos celíacos para saber si poden comer un ou outro produto concreto ou «Mibolsa» para seguir a evolución dun valor ou Open Jukebox que permite elixir as cancións dunha discoteca, etc…

«Estamos vivindo unha explosión de API, as interfaces que nos permiten manexar os programas, e de desenvolvementos que misturan as aplicacións de terceiros encontrándolle outros usos. Neste ámbito son Google, Amazon, eBay ou Yahoo quen están dominando a nova ola de servizos ao abrir os seus desenvolvementos ao público» explicou Agustín Núñez, director de Innovación de Telefónica durante a feria MovilForum que se celebra estes días en Madrid.

 

Fonte orixinal:
http://www.elpais.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal