AutoLyrix foi deseñado para descargar as letras das cancións e carátulas automaticamente da canción que se está escoitando no teu reprodutor. � unha solución de código aberto que garda as letras das cancións descargadas dende EvilLyrics.
AutoLyrix é moi fácil de empregar xa que detecta automaticamente o reprodutor que estás usando e a canción que se está reproducindo, descargando a letra da canción e a carátula. AutoLyrix tamén emprega Google para procurar as cancións.
Está implementado en Mono e pode traballar baixo Windows, GNU/Linux ou Mac OS.
Os reprodutores soportados son:
- XMMS
- Winamp
- iTunes
- foobar2000
- MediaMonkey
- RealPlayer
- Quintessential
- XMPlay
- Windows Media Player
Autolyrix pódese descargar dende a páxina do proxecto. Para que traballe correctamente en Windows hai que ter instalado o framework .NET 2.0 e en sistemas baseados en Debian hai que ter instalado o contorno de execución de Mono.
$ apt-get install mono-runtime mono mono-gmcs
