Digium, unha empresa de desenvolvementos en Software Libre de VoIP, recibiu 13,2 millóns de dólares do consorcio Matrix-Partners para continuar co desenvolvemento de Asterisk. Asterisk é unha plataforma de VoIP en Software Libre con preto de 1 millón de usuarios.Segundo un dos socios deste grupo empresarial, esta escolla foi pola flexibilidade de Asterisk como unha fonte aberta para seguir mellorando e, gracias ó produto PBX de Digium baseado en Asterisk, permite ás compañías que o precisen, constrúan sistemas de teléfono eficaces e robustos para os seus negocios.
