Dentro do ciclo de conferencias da Facultade de Informática da Coruña onte tivo lugar unha charla de Juan Buño sobre accesibilidade de persoas cegas ao computador. Farase unha aproximación práctica a estas tecnoloxías tanto para Windows como para GNU/Linux. Buño é instrutor tiflotécnico da ONCE e usuario cego de diversas tiflotecnoloxías. Ademais colabora activamente en diversos proxectos relacionados coa accesibilidade para cegos.
A charla está organizada por David Cabrero, profesor de Interfaces de Usuario na Universidade da Coruña, que leva a cabo un proxecto de investigación, desenvolvemento e adaptación de Software Libre para melloras na accesibilidade grazas a un convenio con Mancomun.org.
