Mancomún

Ciclo de Conferencias – Taller "GALPon 2007 na UVigo"

Ciclo de Conferencias – Taller "GALPon 2007 na UVigo"

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.pngO Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra organiza o Ciclo de conferencias – taller «GALPon 2007 na UVigo» dende o próximo 18 de Outubro ata o 6 de Novembro. Máis de 30 horas repartidas en diferentes días para falar de temas coma a sinatura dixital, media center feito con GNU/Linux, escritorios lixeiros para recuperar computadoras obsoletas, home station para ter na casa, seguridade en redes WiFi e mesmo desenvolvemento en PHP con patTemplate.

Non é preciso facer inscrición algunha, todas as conferencias son gratuítas e de libre acceso grazas ao apoio da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes e á E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo…

Máis información…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal