Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
CLAM gañou a edición 2006 do premio ACM ao mellor software multimedia de código aberto. De acordo co xurado: CLAM é un sistema completo e cun potencial impresionante. O premio será entregado na próxima Conferencia ACM Multimedia…
O concurso da ACM (Association for Computer Machinery, a asociación profesional máis prestixiosa no ámbito informático) é un concurso internacional de prestixio que vai pola súa terceira edición. O ano pasado, por exemplo, o premio levouno a biblioteca OpenVidia para visión artificial acelerada por GPU.
CLAM está coordinado por Xavier Amatriain desde a Universidade de California Santa Barbara pero desenvólvese principalmente na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona por un equipo encabezado por Pau Arumí e David García.
Pode ler a nova completa na súa fonte orixinal en: www.barrapunto.com
