Esta compañía foi multada pola Comisión Europea a pagar unha multa de case 500 millóns de euros no 2004 por abusar da súa posición dominante e o Tribunal da Unión Europea rexeitou o recurso de Microsoft esta semana pasada.
Ademais, a proposta do formato OOXML como estándar internacional presentada por esta compañía foi rexeitada polo organismo internacional ISO/IEC despois de observar comportamentos irregulares en varios comités.
Os datos da conferencia:
- Data: 25 de Setembro 2007
- Lugar: Universidade de Vigo. E.T.S.E de Telecomunicacións de Vigo. Salón de Actos. Campus de Lagoas – Marcosende (Plano de localización)
- Hora: 16:30h
- Entrada libre e gratuita.
Este evento está organizado por GALPon e conta coa colaboración da propia Universidade de Vigo, a E.T.S.E. de Telecomunicacións e a asociación AGNIX.
